1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.BZ

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.BZ

3
00:00:48,041 --> 00:00:49,708
- Bos días.
- Ola.

4
00:00:51,041 --> 00:00:53,166
Móvase un chisquiño cara a diante.

5
00:00:54,416 --> 00:00:57,916
Veña, á de tres: unha, dúas e tres.

6
00:01:06,291 --> 00:01:10,208
O AMOR DA TÚA VIDA

7
00:01:30,166 --> 00:01:31,000
Si.

8
00:01:33,416 --> 00:01:34,458
Ola.

9
00:01:35,166 --> 00:01:37,916
Non mo digas. Maya. Charlie, encantado.

10
00:01:38,833 --> 00:01:40,458
Non quedaras en escribirme?

11
00:01:40,541 --> 00:01:42,291
- Escribinche, si.
- En serio?

12
00:01:43,458 --> 00:01:44,291
Pois merda.

13
00:01:45,250 --> 00:01:46,458
Perdoa. Pasa.

14
00:01:47,041 --> 00:01:48,625
VINTE E SEIS

15
00:01:48,708 --> 00:01:54,208
Podes usala como mesiña de noite
ou para colocar ós pés do sofá.

16
00:01:54,291 --> 00:01:56,041
Podes poñer os libros. É ideal.

17
00:01:56,125 --> 00:01:57,250
Eu tíñaa para iso.

18
00:01:57,791 --> 00:01:58,791
Traballas en vendas?

19
00:02:01,291 --> 00:02:03,375
Non. É complicado de explicar,

20
00:02:03,458 --> 00:02:05,833
pero estou facendo o doutoramento.

21
00:02:06,958 --> 00:02:10,166
E ti es… doutora ou algo? Que ben.

22
00:02:10,666 --> 00:02:12,958
Son enfermeira. O caixón é de adorno?

23
00:02:13,458 --> 00:02:14,500
Por que o dis?

24
00:02:15,083 --> 00:02:16,083
- Perdoa.
- Perdoa.

25
00:02:16,166 --> 00:02:17,583
Non, tranquila.

26
00:02:19,958 --> 00:02:20,875
Non vai ben.

27
00:02:22,291 --> 00:02:25,666
Debería abrir, como fan os caixóns.

28
00:02:26,583 --> 00:02:29,750
- Douche 75.
- Vaia, xa sei de que me soas.

29
00:02:33,833 --> 00:02:34,791
Coñecémonos?

30
00:02:35,458 --> 00:02:36,583
Non creo.

31
00:02:37,083 --> 00:02:37,916
Segura?

32
00:02:38,458 --> 00:02:39,333
Diría que non.

33
00:02:39,666 --> 00:02:43,125
É que hai algo en ti
que me resulta moi familiar.

34
00:02:43,208 --> 00:02:44,041
E…

35
00:02:45,416 --> 00:02:46,458
gústame.

36
00:02:47,791 --> 00:02:48,625
Vale.

37
00:02:51,833 --> 00:02:53,708
Vas negociar ou…?

38
00:02:53,791 --> 00:02:55,375
Tes uns zapatos ben chulos.

39
00:02:56,166 --> 00:02:57,958
Agarran mellor cás deportivas.

40
00:02:58,041 --> 00:02:59,666
Non me tes que vender a moto.

41
00:03:00,791 --> 00:03:02,416
Non, lévaos todo o mundo.

42
00:03:02,500 --> 00:03:05,958
Pero non todo o mundo escolle esa cor.
Pois listo, xa o tes todo.

43
00:03:06,708 --> 00:03:08,791
- Vale.
- Apetéceche quedar un día?

44
00:03:15,000 --> 00:03:17,291
Pode ser. Pensareino.

45
00:03:17,375 --> 00:03:18,208
Pénsao ben.

46
00:03:19,000 --> 00:03:21,208
Pregunta por aí. Eu estarei aquí.

47
00:03:21,291 --> 00:03:23,333
Escríbeme. Tes o meu número.

48
00:03:23,416 --> 00:03:25,833
Queres que te leve á casa? Lévala ti?

49
00:03:26,625 --> 00:03:28,666
- Xa me amaño eu. Si.
- Vale.

50
00:03:29,083 --> 00:03:30,083
Veña.

51
00:03:31,458 --> 00:03:32,375
- Abur.
- Gózaa.

52
00:03:37,000 --> 00:03:37,833
Amáñome ben.

53
00:03:46,000 --> 00:03:46,833
Merda.

54
00:04:34,666 --> 00:04:37,416
Cústame crer que teñas un <i>walkman.</i>
Ten o seu aquel.

55
00:04:37,916 --> 00:04:41,750
Si. Atopeino nunha caixa vella
coas cousas de miña nai.

56
00:04:41,833 --> 00:04:45,666
E isto fixéchelo ti? Ten algo hipnótico.

57
00:04:46,416 --> 00:04:49,541
Si, é un fragmento dunha gravación antiga.

58
00:04:49,625 --> 00:04:51,583
Unha peza para metais que me encanta.

59
00:04:51,666 --> 00:04:55,375
Son uns compases, pero empalmei a cinta
para que se reproduza en bucle.

60
00:04:55,458 --> 00:04:58,541
Pero nunca soa exactamente igual.

61
00:05:00,833 --> 00:05:03,333
Canto máis a reproduces, máis se desgasta.

62
00:05:03,416 --> 00:05:05,291
É óxido de ferro nun plástico.

63
00:05:05,375 --> 00:05:07,000
Vaise gastando,

64
00:05:07,083 --> 00:05:09,666
desaparece, e a música, pois…

65
00:05:11,125 --> 00:05:12,000
Morre?

66
00:05:13,833 --> 00:05:14,666
Xusto.

67
00:05:16,000 --> 00:05:16,833
Podo levala?

68
00:05:18,916 --> 00:05:20,583
Non, síntoo.

69
00:05:21,166 --> 00:05:23,583
Si, claro.
Tecnicamente mercáchela, así que…

70
00:05:26,625 --> 00:05:27,458
Que?

71
00:05:29,166 --> 00:05:30,458
Quero saber máis de ti.

72
00:05:33,250 --> 00:05:34,458
Que queres saber?

73
00:05:34,541 --> 00:05:36,708
O que che gusta, o que non.

74
00:05:36,791 --> 00:05:39,750
Que é o máis duro do teu traballo?
Que te cabrea?

75
00:05:39,833 --> 00:05:40,791
Que che encanta?

76
00:05:42,458 --> 00:05:43,958
Que tal te levas coa túa nai?

77
00:05:45,750 --> 00:05:46,583
Todo.

78
00:05:48,750 --> 00:05:49,583
Vale.

79
00:05:50,500 --> 00:05:52,041
Urxencias é un caos.

80
00:05:52,708 --> 00:05:54,041
É…

81
00:05:55,791 --> 00:05:57,750
coma traballar nun restaurante

82
00:05:57,833 --> 00:06:00,291
onde cada un pide un menú distinto

83
00:06:00,916 --> 00:06:02,291
e protestan pola comida.

84
00:06:02,375 --> 00:06:03,541
Pois promete.

85
00:06:04,500 --> 00:06:06,875
- Pero gústame.
- Supoño que debe ser algo…

86
00:06:07,625 --> 00:06:08,458
Éo.

87
00:06:10,250 --> 00:06:11,750
Aprendes a desconectar.

88
00:06:13,291 --> 00:06:14,958
A min gústanme as mates.

89
00:06:15,041 --> 00:06:17,791
Sempre lles pedía os deberes
ós meus irmáns.

90
00:06:17,875 --> 00:06:21,083
- Eras un chapón.
- Si. E moito.

91
00:06:21,166 --> 00:06:25,041
Pois eu era moi tímida.
Logo, en cuarto de primaria,

92
00:06:25,125 --> 00:06:27,791
xogamos a verdade ou atrevemento
por primeira vez,

93
00:06:27,875 --> 00:06:31,250
e fixen todas e cada unha das probas.

94
00:06:31,333 --> 00:06:33,125
- E aliñáronse os planetas.
- Si.

95
00:06:34,291 --> 00:06:37,458
- Mi madriña.
- É coma se me deixase… Si.

96
00:06:37,541 --> 00:06:38,500
Era…

97
00:06:40,625 --> 00:06:42,875
Todos viron que era un bicho raro.

98
00:06:42,958 --> 00:06:43,791
Elixe unha.

99
00:06:45,958 --> 00:06:46,791
Verdade.

100
00:06:46,875 --> 00:06:48,125
Tiña un reto moi bo.

101
00:06:49,875 --> 00:06:51,333
Gustaríache ter fillos?

102
00:06:58,208 --> 00:06:59,125
<i>Non o sei.</i>

103
00:07:00,750 --> 00:07:03,666
<i>Cría que si,</i>
<i>pero agora non sei se é un pouco egoísta</i>

104
00:07:03,750 --> 00:07:05,166
<i>telos nun mundo que se acaba.</i>

105
00:07:06,333 --> 00:07:08,125
<i>E como sabes que se acaba?</i>

106
00:07:08,708 --> 00:07:09,916
<i>Non o sei. Non o parece?</i>

107
00:07:11,458 --> 00:07:12,333
<i>E se non se acaba?</i>

108
00:08:39,458 --> 00:08:40,500
Perdoa.

109
00:08:41,041 --> 00:08:42,375
Teño…

110
00:08:42,458 --> 00:08:43,541
Asma.

111
00:08:44,791 --> 00:08:45,625
A enfermeira.

112
00:08:49,500 --> 00:08:51,541
Non adoita ser un problema, pero…

113
00:08:54,250 --> 00:08:57,208
A ver, xa sabes…

114
00:08:58,958 --> 00:09:00,291
Tómao como un eloxio.

115
00:09:08,458 --> 00:09:09,333
Sabe doce.

116
00:09:11,625 --> 00:09:12,750
Es un bicho raro.

117
00:09:13,958 --> 00:09:14,916
E ti un chapón.

118
00:09:15,875 --> 00:09:16,750
Pois si.

119
00:09:26,500 --> 00:09:28,250
- Bos días.
- Ola.

120
00:09:34,375 --> 00:09:35,375
Pasaches boa noite?

121
00:09:38,208 --> 00:09:39,041
Que che pasa?

122
00:09:40,125 --> 00:09:43,250
- Que che pasa? E esa cara?
- Que cara?

123
00:09:43,333 --> 00:09:44,875
De gustarche alguén.

124
00:09:45,458 --> 00:09:48,833
Vaites. Non o podo crer.

125
00:09:48,916 --> 00:09:52,791
Non sei se vomitar ou poñerme a chorar.
Cóntamo todo.

126
00:09:54,000 --> 00:09:55,000
Gústame alguén.

127
00:10:02,041 --> 00:10:03,750
- Logo tiñas seis meses?
- Si.

128
00:10:03,833 --> 00:10:06,666
Cres que os teus pais
tiñan moitas ganas de terte?

129
00:10:06,750 --> 00:10:11,666
Si. Miña nai dicía
que, de bebé, non paraba de rir.

130
00:10:12,458 --> 00:10:14,958
- Era un bebé moi feliz.
- Xa o imaxinaba.

131
00:10:16,625 --> 00:10:20,166
Si. É estupenda. E ti? E os teus pais?

132
00:10:20,250 --> 00:10:23,333
Fun froito dunha aventura dunha noite.

133
00:10:25,833 --> 00:10:29,000
Foi nun <i>resort </i>con todo incluído.

134
00:10:29,875 --> 00:10:30,708
Nótase.

135
00:10:32,958 --> 00:10:34,250
Perdoa.

136
00:10:35,166 --> 00:10:36,000
Si.

137
00:10:37,125 --> 00:10:39,833
El era escocés. Volveu para Escocia.

138
00:10:43,125 --> 00:10:43,958
E aí quedou.

139
00:10:44,541 --> 00:10:46,166
Así que se esfumou?

140
00:10:48,833 --> 00:10:49,875
A ver, non o sei.

141
00:10:49,958 --> 00:10:52,125
Non teño trato con el. Non o coñezo.

142
00:10:53,875 --> 00:10:54,875
E a túa nai?

143
00:10:55,625 --> 00:10:59,333
Tiña 22 anos cando me tivo, así que…

144
00:11:01,041 --> 00:11:03,208
Non sei.
Creo que había certo resentimento.

145
00:11:03,291 --> 00:11:05,375
E cando marchei para a universidade,

146
00:11:05,458 --> 00:11:10,166
foise vivir a Australia
co seu mozo tan peculiar.

147
00:11:11,041 --> 00:11:13,250
Outro mozo peculiar, non o de agora.

148
00:11:14,666 --> 00:11:18,083
Pero vela nas festas e esas cousas?

149
00:11:18,916 --> 00:11:23,333
Non. As festas pasábaas con Jason.

150
00:11:23,416 --> 00:11:24,916
El tamén as pasaba só.

151
00:11:25,791 --> 00:11:29,083
Faciamos un recheo deses de paquete,
viamos <i>A familia Addams</i>

152
00:11:29,166 --> 00:11:31,166
e faciamos por pasalo o mellor posible.

153
00:11:37,041 --> 00:11:39,791
Veume ben. Aprendín a ser independente.

154
00:11:53,791 --> 00:11:55,125
Se precisas axuda,

155
00:11:55,208 --> 00:11:56,541
chámame cando queiras.

156
00:11:56,625 --> 00:11:59,166
Estou na oficina sobre as 06:00, así que…

157
00:11:59,250 --> 00:12:01,833
Vale. Grazas. Chamareite máis tarde.

158
00:12:01,916 --> 00:12:03,583
- Si…
- Libera esta pobre alma.

159
00:12:03,666 --> 00:12:05,708
- Si.
- Chegou Charlie. Quero presentarcho.

160
00:12:05,791 --> 00:12:08,291
- Vale. Si. Perdoa.
- Ven.

161
00:12:08,375 --> 00:12:09,416
- Charlie.
- Ola.

162
00:12:09,500 --> 00:12:10,500
- Que tal?
- Jason.

163
00:12:10,583 --> 00:12:12,291
Toma. Perdón, suxeitas isto?

164
00:12:12,375 --> 00:12:13,333
Ola, son Jason.

165
00:12:13,416 --> 00:12:15,500
- Encantado, tío.
- Igualmente.

166
00:12:15,583 --> 00:12:17,250
- Dás bos apertos.
- Grazas.

167
00:12:17,333 --> 00:12:18,625
- Si.
- Grazas. Ti tamén.

168
00:12:18,708 --> 00:12:21,875
- Grazas, meu. Faláronme moito de ti.
- O mesmo digo. Si.

169
00:12:22,416 --> 00:12:24,583
O Café Midnight
está no soto das torres, non?

170
00:12:24,666 --> 00:12:28,000
Maya traballaba alí.
Levaba a rede no pelo, as luvas…

171
00:12:28,083 --> 00:12:30,041
Serve as patacas e os paus de <i>mozzarella.</i>

172
00:12:30,125 --> 00:12:31,750
Os triángulos recheos eses…

173
00:12:31,833 --> 00:12:34,541
Como se chaman? Os que nos encantan.

174
00:12:34,625 --> 00:12:35,458
Triángulos?

175
00:12:35,541 --> 00:12:39,458
Non. Maya, os… Tanto ten.
Esquéceo. Están boísimos, vale?

176
00:12:39,541 --> 00:12:40,375
Non os compartía.

177
00:12:40,458 --> 00:12:43,541
Total, que aparecín alí
con algúns dos do equipo de hóckey.

178
00:12:43,625 --> 00:12:46,000
Tiñan unha aposta ridícula sobre canto…

179
00:12:47,041 --> 00:12:49,125
Canto picante
podía beber un dos porteiros.

180
00:12:49,208 --> 00:12:51,666
Vale. De que xogabas no equipo de hóckey?

181
00:12:51,750 --> 00:12:55,583
Eu non xogaba ó hóckey.
Moitos dos do equipo vivían no meu andar.

182
00:12:55,666 --> 00:12:57,125
Fun con eles de espectador.

183
00:12:57,208 --> 00:12:58,375
Que pintaba eu alí?

184
00:12:58,458 --> 00:13:00,208
Total… Crías que era xogador?

185
00:13:00,291 --> 00:13:02,583
- Si.
- Acabas de alegrarme a noite.

186
00:13:04,166 --> 00:13:05,416
- Víame en primeira.
- Si.

187
00:13:05,500 --> 00:13:06,708
- Encántame.
- Xa.

188
00:13:12,125 --> 00:13:13,708
- Díxenche que era moito.
- Non…

189
00:13:13,791 --> 00:13:15,125
Xa.

190
00:13:15,208 --> 00:13:18,333
Es a única persoa que coñezo
á que lle gusta o Long Island.

191
00:13:18,416 --> 00:13:20,208
Non é certo.

192
00:13:20,291 --> 00:13:22,416
Jason tomou moitísimos, eh!

193
00:13:22,500 --> 00:13:25,166
Tomou… non sei, cinco? Bebeunos comigo.

194
00:13:25,250 --> 00:13:26,625
Jason bebe o que lle poñas.

195
00:13:26,708 --> 00:13:29,375
Si, xa, pero…

196
00:13:29,458 --> 00:13:31,833
- Que che pareceu?
- É un tío xenial.

197
00:13:31,916 --> 00:13:34,666
O martes imos ó Wally's,
que fan noite de <i>blues.</i>

198
00:13:34,750 --> 00:13:38,083
Pero prepárate,
porque igual che falla, vale?

199
00:13:38,166 --> 00:13:41,041
Ou aparece tardísimo,
ou bébedo, ou con resaca,

200
00:13:41,125 --> 00:13:42,333
- ou…
- Pero que…?

201
00:13:42,416 --> 00:13:43,833
…che pide que vaias buscalo

202
00:13:43,916 --> 00:13:45,833
porque se coou nunha despedida.

203
00:13:45,916 --> 00:13:47,875
Diría que falas por experiencia.

204
00:13:49,583 --> 00:13:51,625
A ver, el e mais eu…

205
00:13:51,708 --> 00:13:54,375
Nin sequera foi un namoro.

206
00:13:54,458 --> 00:13:58,541
Ás dúas semanas vimos
que aquilo non funcionaba.

207
00:13:58,625 --> 00:13:59,458
Maya…

208
00:14:00,125 --> 00:14:02,708
Non me importa.

209
00:14:05,125 --> 00:14:06,333
Voulle levar auga.

210
00:14:12,583 --> 00:14:13,416
VINTE E SETE

211
00:14:13,500 --> 00:14:15,500
Velos a miúdo. Podo ir a próxima vez?

212
00:14:15,583 --> 00:14:17,125
Entón, non queres ir?

213
00:14:17,208 --> 00:14:18,375
Dixen que estou baldada.

214
00:14:18,458 --> 00:14:20,333
Non, non é por iso.

215
00:14:21,458 --> 00:14:24,083
Onte fixen unha quenda de 16 horas…

216
00:14:25,333 --> 00:14:27,333
Fíxenlle a RCP
a un que era o dobre ca min.

217
00:14:27,416 --> 00:14:29,750
Mediei nunha pelexa
entre dous pailáns bébedos.

218
00:14:29,833 --> 00:14:31,666
- Limpei vómito e mexáronme.
- Vale.

219
00:14:31,750 --> 00:14:33,375
Non che parece esgotador?

220
00:14:33,458 --> 00:14:35,166
Si, ten que ser esgotador.

221
00:14:35,250 --> 00:14:37,541
Pois sinto que non me apeteza
estar con xente.

222
00:14:37,625 --> 00:14:39,583
Non é calquera xente, é a miña familia.

223
00:14:39,666 --> 00:14:42,375
Son a miña nai e os meus irmáns.
Queren coñecerte.

224
00:14:42,458 --> 00:14:45,208
Maya, por favor…
Isto significa moito para min.

225
00:14:45,291 --> 00:14:46,875
Só buscas culpabilizarme.

226
00:14:46,958 --> 00:14:48,166
Non te culpabilizo.

227
00:14:48,250 --> 00:14:50,958
- Pareces un meniño.
- E ti, unha rabuda.

228
00:14:51,041 --> 00:14:53,083
- Moi ben.
- Maya.

229
00:15:16,541 --> 00:15:17,916
E se non lles caio ben?

230
00:15:19,750 --> 00:15:20,916
E se…?

231
00:15:24,500 --> 00:15:27,000
E se non sei como comportarme con eles?

232
00:15:27,083 --> 00:15:29,708
É que non se me dá ben
tratar coa familia dos demais.

233
00:15:29,791 --> 00:15:33,000
Nin coas familias en xeral.

234
00:15:33,083 --> 00:15:34,125
Sabes que?

235
00:15:35,291 --> 00:15:37,208
Nunca levei a ninguén á casa.

236
00:15:38,375 --> 00:15:39,208
Nunca.

237
00:15:41,500 --> 00:15:44,041
Por iso estou tan seguro
de que lles vas encantar.

238
00:15:54,958 --> 00:15:57,291
- Todo ben?
- Si.

239
00:15:58,083 --> 00:15:59,083
Ola, mamá!

240
00:16:00,875 --> 00:16:02,250
Ker! Xa chegaron.

241
00:16:03,333 --> 00:16:05,291
- Que tal?
- Moi ben.

242
00:16:06,833 --> 00:16:07,875
- Ola.
- Ela é…

243
00:16:07,958 --> 00:16:09,666
- Son Ruth.
- Encantada.

244
00:16:09,750 --> 00:16:11,666
O mesmo digo. Que ilusión.

245
00:16:11,750 --> 00:16:13,708
Trouxen unhas flores

246
00:16:13,791 --> 00:16:16,000
- e cervexa.
- Grazas. Mellor aínda.

247
00:16:16,083 --> 00:16:17,833
Moi ben. Queres que as leve…?

248
00:16:17,916 --> 00:16:20,333
Non, tranquila. Teño bo lombo.

249
00:16:20,416 --> 00:16:22,416
- Ola. Kerry. Encantado.
- Ola. Igualmente.

250
00:16:22,500 --> 00:16:23,750
Benvida.

251
00:16:23,833 --> 00:16:25,666
- Seino.
- Imos ó xardín. Están todos.

252
00:16:26,666 --> 00:16:30,541
E cando xa pagara a cota,
o rapaz mírame directamente ós ollos

253
00:16:30,625 --> 00:16:34,750
e di: "Papá, non penso entrar en Mensa.
É elitista."

254
00:16:34,833 --> 00:16:36,541
- Díxenlle: "Tanto me ten."
- Éo.

255
00:16:36,625 --> 00:16:38,833
Díxenlle: "Ti asina onde che digo."

256
00:16:38,916 --> 00:16:41,541
E fíxoo, claro. Sempre tivo bo carácter.

257
00:16:41,625 --> 00:16:42,833
E tiña dez anos.

258
00:16:42,916 --> 00:16:44,125
- E bo xenio.
- Quen sabe

259
00:16:44,208 --> 00:16:45,375
cando se lle deu polo 0.

260
00:16:45,458 --> 00:16:47,708
Mi madriña, o cero. É que…

261
00:16:47,791 --> 00:16:50,958
É algo para representar a nada.
A que é xenial?

262
00:16:51,041 --> 00:16:52,291
Lembras cando…?

263
00:16:52,375 --> 00:16:56,125
Foi en primeiro de bacharelato
co traballo que tiñas que escribir?

264
00:16:56,208 --> 00:16:57,166
- O oral.
- Iso.

265
00:16:57,250 --> 00:16:58,416
- O oral.
- Si.

266
00:16:58,500 --> 00:17:01,208
É que protestaba
contra a invención da escritura,

267
00:17:01,291 --> 00:17:04,750
- por substituír a tradición oral.
- Si, por substituíla.

268
00:17:04,833 --> 00:17:09,083
- Xusto.
- Si. Así que o gravou nunha casete.

269
00:17:09,166 --> 00:17:10,708
- Falando.
- Por principios,

270
00:17:10,791 --> 00:17:13,041
era coherente co tema da materia.

271
00:17:13,125 --> 00:17:14,583
Pero era Escritura Creativa.

272
00:17:14,666 --> 00:17:16,208
O único escrito era un suspenso.

273
00:17:16,291 --> 00:17:17,583
- Si.
- Porque suspendeu.

274
00:17:17,666 --> 00:17:19,666
- E aínda así aprobou con nota.
- Si.

275
00:17:19,750 --> 00:17:21,541
Así é o noso Charlie.

276
00:17:21,625 --> 00:17:22,708
Brillante?

277
00:17:23,583 --> 00:17:24,750
Apaixonado.

278
00:17:25,583 --> 00:17:28,541
Rapaces, queredes hamburguesas?
Bocadillos? Maya?

279
00:17:28,625 --> 00:17:30,666
Eu quero unha hamburguesa, grazas.

280
00:17:31,375 --> 00:17:32,750
- Eu quero unha.
- Os dous.

281
00:17:36,291 --> 00:17:37,583
Bótoche unha man?

282
00:17:37,666 --> 00:17:40,166
- Non, graciñas.
- Seguro?

283
00:17:40,250 --> 00:17:42,708
É o habitual nesta casa. Déixao estar.

284
00:17:43,875 --> 00:17:46,000
- Vale.
- Xa lavan eles a louza.

285
00:17:46,083 --> 00:17:49,916
Hai moito que descubrín
para que serven os fillos.

286
00:17:50,000 --> 00:17:51,416
Si, para iso servimos.

287
00:17:51,500 --> 00:17:53,791
Estou construíndo un forte.
E son o rei. Vide!

288
00:17:53,875 --> 00:17:55,000
Pois non moito.

289
00:17:57,291 --> 00:18:00,875
Sabes que podes facer?
Darlle de comer a Wilma.

290
00:18:00,958 --> 00:18:03,083
- Portouse moi ben na cea e…
- Claro.

291
00:18:03,166 --> 00:18:07,291
Si. A comida está aí. Por aí. Grazas.

292
00:18:12,416 --> 00:18:13,750
É Charlie?

293
00:18:13,833 --> 00:18:17,500
Si. É a primeira foto que conseguimos del
antes de adoptalo.

294
00:18:17,583 --> 00:18:20,916
Kerry non para de cambiala de sitio.

295
00:18:24,000 --> 00:18:25,416
- É moi feito.
- Xa.

296
00:18:26,791 --> 00:18:28,958
Nunca trouxo a ninguén á casa.

297
00:18:30,666 --> 00:18:34,416
Xa. Contoumo no coche, vindo para aquí.

298
00:18:34,500 --> 00:18:39,125
Sorprendeume, porque estades moi unidos.

299
00:18:40,291 --> 00:18:42,250
Si.

300
00:18:42,333 --> 00:18:45,166
Pois debes ser moi especial.

301
00:18:46,125 --> 00:18:48,250
Vamos fóra. Veña.

302
00:18:49,000 --> 00:18:49,833
Vale.

303
00:18:52,916 --> 00:18:54,583
Quen se apunta a un paseo?

304
00:19:04,416 --> 00:19:07,041
<i>Nunca pensei que existise algo así, pero…</i>

305
00:19:08,750 --> 00:19:09,583
<i>O que?</i>

306
00:19:10,083 --> 00:19:14,000
<i>Isto. Agora enténdoo.</i>

307
00:19:20,625 --> 00:19:21,458
Quérote.

308
00:19:25,666 --> 00:19:26,500
Quérote.

309
00:19:32,375 --> 00:19:33,208
Olé!

310
00:19:54,125 --> 00:19:54,958
Grazas.

311
00:20:04,416 --> 00:20:06,166
É a que máis me gusta contar.

312
00:20:06,250 --> 00:20:07,708
- Si?
- Si, vaiche gustar.

313
00:20:11,875 --> 00:20:13,083
Xa me falaras del.

314
00:20:16,125 --> 00:20:17,083
É precioso.

315
00:20:17,166 --> 00:20:18,041
- De veras?
- Si.

316
00:20:22,750 --> 00:20:25,583
<i>Si, David.</i>
<i>Eu diría que o tempo é "infernal".</i>

317
00:20:25,666 --> 00:20:27,666
<i>- Non parou de chover.</i>
- Cancelamos?

318
00:20:27,750 --> 00:20:30,000
Virán aínda que caia un diluvio.

319
00:20:30,083 --> 00:20:32,625
Xa, é o meu trixésimo aniversario.

320
00:20:32,708 --> 00:20:34,250
<i>- Ás costas…</i>
- Non vou recuar.

321
00:20:34,333 --> 00:20:35,875
<i>…hai unha ondada impresionante.</i>

322
00:20:35,958 --> 00:20:37,750
{\an8}<i>- Vivo aquí desde 1971.</i>
- E ti?

323
00:20:37,833 --> 00:20:38,916
{\an8}Non, estou ben.

324
00:20:39,500 --> 00:20:40,500
{\an8}<i>Aquí…</i>

325
00:20:40,583 --> 00:20:43,583
{\an8}Jason vai recoller
os meus pais á estación.

326
00:20:43,666 --> 00:20:45,875
- Chegará puntual?
- Confía un pouco nel.

327
00:20:46,458 --> 00:20:48,625
O botón de arriba: abrochado ou non?

328
00:20:48,708 --> 00:20:50,291
Poño a chaqueta? Axúdame.

329
00:20:52,416 --> 00:20:54,041
A chaqueta non che fai falta.

330
00:20:56,708 --> 00:20:57,541
Que?

331
00:20:58,333 --> 00:20:59,250
Estás perfecto.

332
00:21:01,750 --> 00:21:04,833
É unha broma? En serio?

333
00:21:22,500 --> 00:21:24,291
- Vou…
- Charlie!

334
00:21:24,833 --> 00:21:26,583
- Merda.
- Veña, vai.

335
00:21:26,666 --> 00:21:29,125
- Ola, tío.
- Ola.

336
00:21:29,208 --> 00:21:31,375
- Que pasou? Chegas tardísimo.
- Perdón.

337
00:21:31,458 --> 00:21:33,541
- Está caendo unha boa, pero…
- Parabéns!

338
00:21:33,625 --> 00:21:34,625
Quérote.

339
00:21:34,708 --> 00:21:35,791
- Parabéns.
- Quérote.

340
00:21:35,875 --> 00:21:36,750
- Síntoo.
- Non.

341
00:21:36,833 --> 00:21:37,958
Vai moita calor aquí.

342
00:22:05,708 --> 00:22:06,750
Contáchesllelo.

343
00:22:08,333 --> 00:22:09,166
Non.

344
00:22:10,958 --> 00:22:14,958
No traballo paso moito tempo estudando

345
00:22:15,750 --> 00:22:18,916
as "emocións da marabilla e do abraio",
así lles chamamos.

346
00:22:19,583 --> 00:22:23,625
Como reacciona a química do cerebro
cando te abraias con algo pequeno

347
00:22:23,708 --> 00:22:26,583
ou te atopas diante de algo inmenso.

348
00:22:27,166 --> 00:22:31,625
As cousas deste mundo
que fan que te sintas insignificante

349
00:22:33,000 --> 00:22:34,375
e, dalgún xeito,

350
00:22:35,833 --> 00:22:38,375
tamén moi importante.

351
00:22:39,208 --> 00:22:43,833
É coma se a túa alma soubese
que aquilo que contemplas é…

352
00:22:45,208 --> 00:22:47,166
moi especial.

353
00:22:49,708 --> 00:22:52,083
Si, só tes que estar aí e gozalo.

354
00:22:54,250 --> 00:22:55,583
Maya…

355
00:22:58,125 --> 00:23:00,125
Iso é o que me fas sentir…

356
00:23:03,041 --> 00:23:04,666
todos os días da miña vida.

357
00:23:06,416 --> 00:23:08,250
Mi madriña, que nervioso estou.

358
00:23:12,833 --> 00:23:14,125
- Charlie.
- Dime.

359
00:23:17,458 --> 00:23:21,125
Nunca soñara con atopar un amor romántico.

360
00:23:24,708 --> 00:23:27,041
Sei que soa raro, pero…

361
00:23:29,208 --> 00:23:31,375
non pensei que fose algo que necesitase.

362
00:23:34,833 --> 00:23:36,791
E logo…

363
00:23:37,666 --> 00:23:38,666
apareciches ti.

364
00:23:44,916 --> 00:23:46,416
Cambiáchelo todo.

365
00:23:49,083 --> 00:23:50,708
Es un soño feito realidade.

366
00:23:53,541 --> 00:23:56,208
Es o soño que nin sequera sabía que tiña.

367
00:24:01,208 --> 00:24:03,041
Era o último.

368
00:24:03,125 --> 00:24:04,333
A ver, foto.

369
00:24:06,041 --> 00:24:07,708
Oxalá puidésedes quedar.

370
00:24:07,791 --> 00:24:09,375
- Ide con coidado, si?
- Si.

371
00:24:09,916 --> 00:24:10,916
- Si.
- Pois veña.

372
00:24:12,708 --> 00:24:14,708
Non marchedes. Reservámosvos un hotel.

373
00:24:14,791 --> 00:24:16,083
Era unha sorpresa.

374
00:24:17,666 --> 00:24:19,833
Foi unha sorpresa e…

375
00:24:19,916 --> 00:24:24,291
alégrome moito
de que saíse como queriades.

376
00:24:28,458 --> 00:24:29,708
- Quérote.
- Adeus, mamá.

377
00:24:31,333 --> 00:24:32,708
- Parabéns.
- Grazas.

378
00:24:35,000 --> 00:24:36,166
Perdoade.

379
00:24:36,250 --> 00:24:37,791
- Aí vai.
- Aí vou.

380
00:24:37,875 --> 00:24:42,333
Son Jason. Teño a sorte de coñecer a Maya

381
00:24:42,416 --> 00:24:44,083
- desde a universidade.
- Pois si.

382
00:24:44,166 --> 00:24:48,291
E foi a miña mellor amiga desde entón.
É a mellor.

383
00:24:48,375 --> 00:24:53,333
Nunca se bota atrás. Sempre está aí,
mesmo se ás 03:00 precisas uns puntos.

384
00:24:53,916 --> 00:24:56,458
Foi a única persoa
coa que sempre quixen estar

385
00:24:56,541 --> 00:24:59,708
ata que me presentou a Charlie.

386
00:25:01,500 --> 00:25:03,333
Cantos dos que estades aquí

387
00:25:03,416 --> 00:25:05,833
o considerades
un dos vosos mellores amigos?

388
00:25:07,958 --> 00:25:10,416
Non, eu tamén.

389
00:25:10,500 --> 00:25:12,666
Hai moita competencia, meu. Si.

390
00:25:12,750 --> 00:25:15,250
Hai nada coñecín alguén
que ía contigo a parvulario

391
00:25:15,333 --> 00:25:17,833
e que aínda te ten
como contacto de emerxencia.

392
00:25:17,916 --> 00:25:20,000
- Si, Chris.
- Si, Chris.

393
00:25:20,083 --> 00:25:22,833
Ninguén me ten
de contacto de emerxencia, vale?

394
00:25:22,916 --> 00:25:25,208
Pero Maya saíu gañando.

395
00:25:26,500 --> 00:25:28,541
E ben o merece.

396
00:25:29,250 --> 00:25:31,833
É o maior eloxio
que vos podo facer ós dous.

397
00:25:31,916 --> 00:25:35,500
Quero dicir, como debe ser

398
00:25:35,583 --> 00:25:41,916
coñecer os segredos do universo
mentres os demais imos ás apalpadas,

399
00:25:42,833 --> 00:25:45,708
buscándolle un sentido a todo isto?

400
00:25:45,791 --> 00:25:50,208
E vós os dous levádelo con naturalidade.
Parabéns, rapaces.

401
00:25:51,208 --> 00:25:54,250
Tocouvos o premio gordo,
e eu tamén me sinto afortunado.

402
00:25:57,958 --> 00:26:00,125
- En serio? Segredos do universo?
- Veña, ho.

403
00:26:16,916 --> 00:26:19,791
Ei! Si! Casei!

404
00:26:25,583 --> 00:26:26,416
Con ela!

405
00:26:34,083 --> 00:26:35,791
Non o podo crer. Casamos.

406
00:26:37,416 --> 00:26:39,041
Contáchesllo a Jason?

407
00:26:39,125 --> 00:26:39,958
O que?

408
00:26:41,166 --> 00:26:42,500
Antes?

409
00:26:42,583 --> 00:26:45,083
Non. Prometín que non o faría.

410
00:26:47,458 --> 00:26:49,625
- Portouse de marabilla.
- Portouse.

411
00:26:52,708 --> 00:26:55,541
Ten moita sensibilidade.
Ten alma de poeta.

412
00:26:56,291 --> 00:26:57,458
É xenial.

413
00:26:59,083 --> 00:27:00,083
Estou abafado.

414
00:27:00,875 --> 00:27:02,125
Estou abafado.

415
00:27:06,166 --> 00:27:07,000
Teño unha idea.

416
00:27:07,958 --> 00:27:08,791
Cal?

417
00:27:10,416 --> 00:27:12,375
- A onde imos?
- Aquí.

418
00:27:14,625 --> 00:27:15,958
- Esta é a idea.
- Si?

419
00:27:16,625 --> 00:27:19,500
Por favor, en que estaba pensando?
Foi mala idea.

420
00:27:20,333 --> 00:27:21,375
É perfecto.

421
00:27:22,708 --> 00:27:24,208
Nunca fixemos nada mellor.

422
00:27:26,125 --> 00:27:26,958
O baño xeado?

423
00:27:27,583 --> 00:27:30,250
Non, a voda, Maya. A voda!

424
00:27:57,625 --> 00:27:59,291
- Agarda. Déixao aí!
- Veña.

425
00:28:01,625 --> 00:28:03,750
Maya! Pataca ou pataca doce?

426
00:28:03,833 --> 00:28:05,041
- Pataca doce!
- Si.

427
00:28:09,916 --> 00:28:12,166
Abre a ventá.

428
00:28:15,833 --> 00:28:16,833
Vale.

429
00:28:16,916 --> 00:28:18,958
Polo menos ten boa pinta.

430
00:28:19,541 --> 00:28:22,416
- Non, está ben.
- Si. Preme aí.

431
00:28:27,500 --> 00:28:28,958
Falta.

432
00:28:44,291 --> 00:28:45,541
- Ola.
- Sinto interromper.

433
00:28:45,625 --> 00:28:46,958
CAFETARÍA TENWAY

434
00:28:47,041 --> 00:28:49,208
- Un máis non fai mal.
- Como deches con nós?

435
00:28:54,541 --> 00:28:55,833
- Pensades…
<i>- Confirman…</i>

436
00:28:55,916 --> 00:28:58,791
- …que irá a máis?
<i>- …un novo caso de coronavirus nos EUA.</i>

437
00:28:58,875 --> 00:29:01,000
<i>É o décimo quinto caso do país,</i>

438
00:29:01,083 --> 00:29:04,208
<i>mentres os contaxios se disparan</i>
<i>na China continental.</i>

439
00:29:04,291 --> 00:29:05,291
<i>En canto a…</i>

440
00:29:12,708 --> 00:29:16,375
- Quedan camas na UCI? Como está o da 19?
- Non. E mal.

441
00:29:32,916 --> 00:29:35,500
Sr. Alvarez, estamos á espera dun cuarto.

442
00:29:35,583 --> 00:29:37,958
Quere que lle traia
unha manta mentres tanto?

443
00:29:41,000 --> 00:29:43,791
Unha enfermeira ensinoume
a crítica do seu restaurante<i>.</i>

444
00:29:43,875 --> 00:29:45,291
Ten moi boa pinta.

445
00:29:45,375 --> 00:29:47,416
Penso ir co meu home. Pedirá media carta.

446
00:29:47,500 --> 00:29:49,375
Agora volvo coa súa manta, si?

447
00:29:52,166 --> 00:29:53,666
{\an8}GRAZAS, ESENCIAIS
SODES HEROES

448
00:30:09,750 --> 00:30:12,708
- Ola, meu rei.
- Ola, tesouro. Xa remato.

449
00:30:15,625 --> 00:30:20,125
Agora creo que pasaremos
á teoría da restauración da atención,

450
00:30:20,208 --> 00:30:22,541
empregando o son e… Vaia…

451
00:30:22,625 --> 00:30:24,375
<i>Perdón, silencio o micro.</i>

452
00:30:25,041 --> 00:30:27,875
<i>Pode explicar a relación</i>

453
00:30:27,958 --> 00:30:31,041
<i>entre os estímulos sensoriais</i>
<i>e a neurodiverxencia?</i>

454
00:30:31,125 --> 00:30:32,291
Si, de feito…

455
00:30:38,083 --> 00:30:39,000
Toma.

456
00:30:40,916 --> 00:30:42,541
- Grazas.
- Nada.

457
00:30:45,125 --> 00:30:46,416
Que tal o día?

458
00:30:47,125 --> 00:30:49,250
Fixeron da pista de hóckey unha morgue.

459
00:30:51,833 --> 00:30:53,000
En fin…

460
00:30:54,208 --> 00:30:56,083
Polo menos mañá tes…

461
00:30:57,291 --> 00:30:58,125
Que?

462
00:30:59,666 --> 00:31:02,583
Teño que ir.
Falta persoal. Están todos enfermos.

463
00:31:04,375 --> 00:31:07,000
Creo que deberías ir coa túa nai.

464
00:31:07,666 --> 00:31:08,666
Non.

465
00:31:09,708 --> 00:31:11,041
Quedo aquí contigo.

466
00:31:12,375 --> 00:31:14,208
Non te apures. Vou facendo a cea.

467
00:31:32,208 --> 00:31:34,125
- Mellor cruzamos.
- Vale.

468
00:31:34,208 --> 00:31:35,375
Si.

469
00:31:45,208 --> 00:31:48,083
Kali, nós podemos.

470
00:31:51,333 --> 00:31:53,916
- Código azul.
- Entrou en parada. As pas.

471
00:31:54,000 --> 00:31:56,375
Cama 15. Alvarez. Vamos!

472
00:31:56,458 --> 00:31:57,416
Descarga.

473
00:31:58,375 --> 00:31:59,708
Comezo as compresións.

474
00:32:00,333 --> 00:32:02,000
Outra vez. Carga a 300.

475
00:32:02,541 --> 00:32:03,375
Listos?

476
00:32:04,125 --> 00:32:05,166
Descarga.

477
00:32:27,458 --> 00:32:28,291
Ola.

478
00:32:32,958 --> 00:32:33,875
Mala xornada?

479
00:32:37,666 --> 00:32:39,291
Que detalle.

480
00:32:54,791 --> 00:32:57,166
Cando isto remate, quero marchar lonxe.

481
00:32:57,250 --> 00:32:58,333
Podo ir contigo?

482
00:33:00,125 --> 00:33:01,208
A onde queres ir?

483
00:33:01,291 --> 00:33:04,000
Quero ir a todos eses sitios
dos que falamos.

484
00:33:04,083 --> 00:33:06,583
Vale, O Xapón. Sei que che gustaría ir.

485
00:33:06,666 --> 00:33:08,125
- Si.
- E que máis?

486
00:33:08,208 --> 00:33:09,666
- Portugal?
- Ben.

487
00:33:10,666 --> 00:33:12,333
- España.
- Agarda.

488
00:33:13,041 --> 00:33:14,208
Tomo nota.

489
00:33:20,416 --> 00:33:21,875
O Xapón, anotado.

490
00:33:22,708 --> 00:33:25,416
Cal era o outro? "España. Portugal."

491
00:33:26,166 --> 00:33:29,541
Toda a península ibérica. Que máis?

492
00:33:30,333 --> 00:33:32,916
Sempre quixen facer unha desas…

493
00:33:33,583 --> 00:33:35,625
excursións polos pantanos.

494
00:33:35,708 --> 00:33:36,916
En serio?

495
00:33:37,000 --> 00:33:38,666
- Que?
- Vale.

496
00:33:39,333 --> 00:33:42,000
"Excursións polos pantanos." Moi ben.

497
00:33:43,291 --> 00:33:44,375
E se o fixésemos?

498
00:33:44,458 --> 00:33:50,458
E se collese unha excedencia e viaxásemos?

499
00:33:50,541 --> 00:33:51,833
- En serio?
- Si.

500
00:33:53,541 --> 00:33:54,375
Vale.

501
00:33:56,250 --> 00:33:58,125
Vale, si. Vaia que si.

502
00:33:58,208 --> 00:33:59,250
Pedirei a excedencia.

503
00:33:59,833 --> 00:34:01,125
Viaxamos polo mundo,

504
00:34:01,208 --> 00:34:05,291
pelexamos con caimáns nos pantanos…

505
00:34:08,166 --> 00:34:10,833
E logo que? Que che gustaría facer?
Volver e…?

506
00:34:14,208 --> 00:34:16,416
Que? Non dixen nada.

507
00:34:19,208 --> 00:34:20,875
- Sei o que estás pensando.
- Si?

508
00:34:24,000 --> 00:34:24,833
Mira…

509
00:34:27,166 --> 00:34:30,083
Eu quero o que ti queiras.

510
00:34:30,166 --> 00:34:34,416
Xa somos unha familia, e encántame.

511
00:34:35,791 --> 00:34:37,875
Pero creo que se nos daría moi ben.

512
00:34:38,750 --> 00:34:39,583
De verdade.

513
00:34:40,458 --> 00:34:42,000
Creo que o pasariamos xenial.

514
00:34:46,708 --> 00:34:51,250
Sempre me deu moito medo ata pensalo.

515
00:34:54,041 --> 00:34:55,500
Pero contigo véxoo claro.

516
00:34:56,416 --> 00:34:58,416
- Si?
- Si.

517
00:34:59,583 --> 00:35:01,916
- E iso tamén me dá medo.
- Si?

518
00:35:02,958 --> 00:35:03,791
A ver, si.

519
00:35:06,416 --> 00:35:07,250
Xa.

520
00:35:11,750 --> 00:35:13,458
Vou subir a música, si?

521
00:35:15,333 --> 00:35:16,166
Déixame ir.

522
00:35:45,708 --> 00:35:47,250
Seino, Ruth. Síntome fatal.

523
00:35:50,000 --> 00:35:51,541
Si, xa o sei.

524
00:35:54,958 --> 00:35:58,625
Non, eu tamén dei positivo.
Non podo ir traballar. Vou quedar con el.

525
00:35:59,416 --> 00:36:01,416
Non te preocupes. Porase ben.

526
00:36:01,500 --> 00:36:02,500
<i>E que vai ser?</i>

527
00:36:02,583 --> 00:36:05,041
<i>Un tigre en catividade.</i>

528
00:36:06,166 --> 00:36:07,000
<i>Agora doe.</i>

529
00:36:32,291 --> 00:36:33,375
<i>Jason tróuxoche isto.</i>

530
00:36:34,208 --> 00:36:37,750
Di que o fixo el,
pero ten toda a pinta de ser comprado.

531
00:36:43,458 --> 00:36:44,500
Merda.

532
00:37:00,583 --> 00:37:03,125
- Meu rei.
- Si, dime.

533
00:37:04,916 --> 00:37:07,750
A saturación de osíxeno non é boa
e cústache respirar.

534
00:37:07,833 --> 00:37:09,250
Con 90, hai que ingresarte.

535
00:37:09,333 --> 00:37:10,458
Non…

536
00:37:14,083 --> 00:37:15,708
Non te van deixar estar comigo.

537
00:37:17,750 --> 00:37:19,250
Quedo na casa.

538
00:37:21,458 --> 00:37:23,083
<i>Tan mal está a cousa por aí?</i>

539
00:37:23,666 --> 00:37:27,208
<i>Tráeo se non che queda máis remedio,</i>
<i>pero andamos xustos de camas.</i>

540
00:37:27,291 --> 00:37:29,166
<i>Estamos saturados. A cousa está fea.</i>

541
00:37:32,625 --> 00:37:34,583
Meu rei, vou incorporarte un chisco.

542
00:37:53,833 --> 00:37:55,916
- Estás en 90.
- Que?

543
00:37:56,000 --> 00:37:57,250
Estás en 90. Marchamos.

544
00:37:57,875 --> 00:37:58,958
Non.

545
00:37:59,041 --> 00:38:00,541
Vou levarte ó hospital.

546
00:38:00,625 --> 00:38:01,666
Non.

547
00:38:02,333 --> 00:38:04,416
Traballo no Boston General.
Podo ir con el?

548
00:38:04,500 --> 00:38:05,916
Sabes que non.

549
00:38:06,000 --> 00:38:07,458
- Anotastes o da asma?
- Si.

550
00:38:07,541 --> 00:38:10,125
Podes dicirlles que me chamen
en canto fagan a triaxe?

551
00:38:10,208 --> 00:38:13,166
Meu rei, vou para alá, vale?
Vou detrás de ti!

552
00:38:13,250 --> 00:38:15,416
AMBULANCIA
GARDE 90 M DE DISTANCIA

553
00:38:15,500 --> 00:38:17,125
- Tes que coarme.
<i>- Intentareino,</i>

554
00:38:17,208 --> 00:38:18,500
<i>pero xa sabes o que hai.</i>

555
00:38:18,583 --> 00:38:20,916
<i>Tranquila. Téñoos na radio.</i>
<i>Estarei cando chegue.</i>

556
00:38:21,000 --> 00:38:22,625
Que saturación ten? Padece asma.

557
00:38:22,708 --> 00:38:24,833
Ten prioridade para unha cama.

558
00:38:24,916 --> 00:38:26,916
<i>Merda, desmaiouse. Teño que deixarte.</i>

559
00:38:33,166 --> 00:38:34,541
EMERXENCIAS - AMBULANCIA

560
00:38:34,875 --> 00:38:36,583
Kali, non me deixan entrar.

561
00:38:36,666 --> 00:38:38,166
Baixas e métesme?

562
00:38:38,250 --> 00:38:39,208
<i>Maya, calma.</i>

563
00:38:40,541 --> 00:38:41,958
<i>Voute chamar por FaceTime.</i>

564
00:38:42,875 --> 00:38:43,708
Que?

565
00:38:47,125 --> 00:38:48,041
Que?

566
00:38:48,125 --> 00:38:52,583
<i>Escoita, temos que intubalo.</i>
<i>Non está respondendo ben ó respirador.</i>

567
00:38:52,666 --> 00:38:53,583
Probade algo.

568
00:38:53,666 --> 00:38:56,291
<i>Síntoo moito, Maya.</i>
<i>Estamos facendo todo o posible.</i>

569
00:38:56,375 --> 00:38:58,583
<i>Se tes algo que dicirlle, dillo agora.</i>

570
00:39:03,750 --> 00:39:06,166
Ola, ruliño,

571
00:39:06,250 --> 00:39:09,333
estou aquí. Meu rei, estou contigo, si?

572
00:39:09,416 --> 00:39:12,875
Estou aquí. Vas estar ben, vale?

573
00:39:12,958 --> 00:39:17,541
Aguanta. Es moi forte. Estou aquí.

574
00:39:17,625 --> 00:39:19,916
Es moi forte. Vaste recuperar.

575
00:39:20,000 --> 00:39:23,750
Non me deixes. Ruliño, imos ter fillos.

576
00:39:23,833 --> 00:39:25,458
Imos formar unha familia.

577
00:39:25,541 --> 00:39:26,666
Imos envellecer xuntos.

578
00:39:26,750 --> 00:39:28,625
Imos facer moitas cousas marabillosas.

579
00:39:28,708 --> 00:39:30,250
Non me deixes.

580
00:39:30,333 --> 00:39:33,083
- Aguanta.
<i>- Está entrando en parada! Colga!</i>

581
00:39:33,166 --> 00:39:34,333
<i>Meu Deus.</i>

582
00:39:34,416 --> 00:39:35,250
<i>Imos desfibrilar.</i>

583
00:39:35,333 --> 00:39:36,333
Kali.

584
00:39:36,416 --> 00:39:37,458
<i>- Vamos.</i>
<i>- Cargando.</i>

585
00:39:37,541 --> 00:39:38,375
Kali?

586
00:39:41,041 --> 00:39:43,625
<i>- Descarga.</i>
- Kali!

587
00:39:43,708 --> 00:39:45,125
<i>- Sen pulso.</i>
<i>- Vamos.</i>

588
00:39:45,208 --> 00:39:48,000
<i>Outra vez. Cargando.</i>

589
00:39:49,375 --> 00:39:50,791
<i>- Vamos.</i>
<i>- Listos?</i>

590
00:39:51,916 --> 00:39:52,791
<i>Descarga.</i>

591
00:40:11,125 --> 00:40:12,875
Non son capaz. Non podo…

592
00:40:23,541 --> 00:40:25,416
<i>Ola, Maya. Que tal vai?</i>

593
00:40:28,833 --> 00:40:30,750
<i>Perdoa polo volume da tele. Xa a baixo.</i>

594
00:40:31,875 --> 00:40:37,291
<i>Kerry, onde está o mando?</i>
<i>Ola. Que tal? Como está?</i>

595
00:41:10,625 --> 00:41:15,250
O XAPÓN, ESPAÑA, PORTUGAL
EXCURSIÓNS POLOS PANTANOS

596
00:41:26,416 --> 00:41:27,250
Maya.

597
00:41:30,583 --> 00:41:32,791
Maya, son Ruth. Déixame pasar.

598
00:41:38,583 --> 00:41:42,125
Non me deixan entrar no hospital.
Maya, necesito a túa axuda.

599
00:41:44,916 --> 00:41:46,416
Non me deixan entrar no…

600
00:41:47,541 --> 00:41:51,166
Maya. Son Ruth.

601
00:41:58,333 --> 00:42:03,250
TRINTA E UN

602
00:43:30,166 --> 00:43:32,000
- Operáronte o martes?
<i>- Si.</i>

603
00:43:32,083 --> 00:43:34,583
<i>O martes pola mañá.</i>
<i>Intento non apoiar o pé,</i>

604
00:43:34,666 --> 00:43:37,208
<i>pero se me levanto para ir ó baño,</i>

605
00:43:37,291 --> 00:43:39,791
<i>non lle podo cargar nada de peso.</i>

606
00:43:39,875 --> 00:43:41,541
Remataches os antibióticos?

607
00:43:46,375 --> 00:43:48,500
Perdoe, tráeme outra copa de viño?

608
00:43:49,916 --> 00:43:51,500
Ola. Es estadounidense?

609
00:43:53,458 --> 00:43:54,500
Nós tamén.

610
00:43:54,583 --> 00:43:58,166
Viñemos para unha voda, de feito.
Viñeches de vacacións?

611
00:43:58,250 --> 00:43:59,250
Non.

612
00:44:02,458 --> 00:44:03,708
Entón vives aquí?

613
00:44:07,500 --> 00:44:08,583
Máis ou menos.

614
00:44:09,250 --> 00:44:13,041
Pois séntate connosco.
Á seguinte, invito eu.

615
00:44:13,625 --> 00:44:15,833
Agora que o penso, sei os pasos.

616
00:44:15,916 --> 00:44:18,583
Podería bailar, pero cando estamos no…

617
00:44:22,375 --> 00:44:23,291
Estás ben?

618
00:44:23,375 --> 00:44:25,083
Aínda che apetece…?

619
00:44:27,916 --> 00:44:29,208
Si, claro.

620
00:44:29,291 --> 00:44:30,750
PANADARÍA

621
00:44:36,916 --> 00:44:38,125
<i>De que cor é o moco?</i>

622
00:44:38,208 --> 00:44:43,333
<i>Beixe? Non o sei.</i>
<i>É que é moi grande e non me gusta.</i>

623
00:44:44,708 --> 00:44:46,375
<i>Antes restauraba antigüidades.</i>

624
00:44:48,541 --> 00:44:49,958
Arranxaba cousas.

625
00:44:53,291 --> 00:44:56,250
Non sei.
A verdade é que non quero máis trastes.

626
00:44:57,125 --> 00:44:59,500
<i>Que tal unha afección nova?</i>

627
00:45:00,000 --> 00:45:01,875
<i>Algo que nunca probaras.</i>

628
00:45:03,125 --> 00:45:07,291
<i>Que non teña nada que ver con Charlie</i>
<i>nin cos teus intereses de antes.</i>

629
00:45:08,291 --> 00:45:10,500
<i>Está ben se aínda non te sentes preparada.</i>

630
00:45:10,583 --> 00:45:14,208
<i>Ás veces, hai que actuar</i>
<i>antes de ter ganas.</i>

631
00:45:15,916 --> 00:45:20,083
<i>Parabéns para ti</i>

632
00:45:20,166 --> 00:45:24,083
<i>nesta data querida.</i>

633
00:45:24,166 --> 00:45:29,416
<i>Moitas felicidades, Fabio…</i>

634
00:45:32,541 --> 00:45:34,583
- Bótalle manteiga.
- Vou por xeo.

635
00:45:34,666 --> 00:45:36,333
Xeo, tráelle xeo.

636
00:45:36,416 --> 00:45:37,375
Só hai manteiga.

637
00:45:37,458 --> 00:45:40,083
- Veña.
- Dáme a man, ho.

638
00:45:40,166 --> 00:45:41,541
Non lle botedes manteiga.

639
00:45:43,000 --> 00:45:46,041
Só vai reter a calor
e provocar unha infección.

640
00:45:47,083 --> 00:45:48,541
Son enfermeira.

641
00:45:50,083 --> 00:45:50,916
<i>Ti que dis?</i>

642
00:45:53,333 --> 00:45:54,666
- Ten boa pinta.
- Si?

643
00:45:54,750 --> 00:45:55,625
Estase ampolando.

644
00:45:55,708 --> 00:45:58,625
Déixaa así 15 minutos e irá ben.

645
00:45:58,708 --> 00:45:59,625
Quince minutos?

646
00:45:59,708 --> 00:46:01,291
Tómao con calma.

647
00:46:01,875 --> 00:46:03,125
E ese paxariño?

648
00:46:03,958 --> 00:46:06,750
É pola miña filla.
É do seu libro favorito.

649
00:46:07,416 --> 00:46:08,333
Ten cinco anos.

650
00:46:10,833 --> 00:46:12,208
E ti a que…?

651
00:46:13,375 --> 00:46:17,583
A que te dedicas? Es enfermeira?
Traballas nun hospital ou…?

652
00:46:18,875 --> 00:46:20,083
Traballaba.

653
00:46:20,625 --> 00:46:21,458
Que ben.

654
00:46:22,375 --> 00:46:23,541
- Hai anos.
- Que ben.

655
00:46:24,791 --> 00:46:26,416
- Xa, non…
- Ben.

656
00:46:27,083 --> 00:46:28,333
Non quedas?

657
00:46:31,000 --> 00:46:32,375
Teño unha copa a medias.

658
00:46:32,458 --> 00:46:34,791
Pagareiche outra. Convídote a unha copa.

659
00:46:35,375 --> 00:46:38,583
Dentro duns… 13 minutos.

660
00:46:42,000 --> 00:46:43,458
Non queres outra?

661
00:46:44,791 --> 00:46:46,166
E os teus amigos?

662
00:46:46,250 --> 00:46:47,958
Estarán ben. Pasei o día con eles.

663
00:46:51,333 --> 00:46:53,083
- Non estou moi animada.
- Eu si.

664
00:46:55,791 --> 00:46:57,833
E diría que che viría ben distraerte.

665
00:47:01,583 --> 00:47:02,625
E…

666
00:47:03,583 --> 00:47:07,833
que fas cando non estás de teleconsulta
nin salvas xente nos bares?

667
00:47:09,166 --> 00:47:11,541
Pois paseo,

668
00:47:12,875 --> 00:47:14,791
como e bebo.

669
00:47:15,583 --> 00:47:17,041
Quizais máis da conta.

670
00:47:17,125 --> 00:47:18,500
Por iso estás en Europa?

671
00:47:19,625 --> 00:47:21,041
Hedonismo en solitario?

672
00:47:23,000 --> 00:47:24,833
Para distraerme, como dixeches.

673
00:47:24,916 --> 00:47:26,375
E se entramos aquí?

674
00:47:26,458 --> 00:47:30,500
- Xa non bailo.
- Que dis? Veña, vamos.

675
00:47:54,791 --> 00:47:56,875
<i>O meu marido morreu hai tres anos.</i>

676
00:47:58,416 --> 00:47:59,541
<i>Síntoo moito.</i>

677
00:48:01,333 --> 00:48:02,375
<i>Grazas.</i>

678
00:48:05,166 --> 00:48:07,416
É curioso que fales do teu marido morto

679
00:48:07,500 --> 00:48:09,166
e queiran deitarse contigo.

680
00:48:13,541 --> 00:48:15,416
Non ía por ti. Falaba en xeral.

681
00:48:15,500 --> 00:48:17,041
Xa. É…

682
00:48:17,958 --> 00:48:21,041
É unha boa observación, a verdade.
Gústache a mostaza?

683
00:48:21,125 --> 00:48:22,666
- Si.
- Gústache a mostaza

684
00:48:22,750 --> 00:48:25,125
- ou encántache?
- Encántame.

685
00:48:25,208 --> 00:48:27,416
Xa veremos. Ti avisa.

686
00:48:29,875 --> 00:48:31,000
Xa.

687
00:48:31,083 --> 00:48:33,875
Pois si que che encanta.

688
00:48:34,666 --> 00:48:36,250
E que vas…?

689
00:48:36,333 --> 00:48:39,750
Que vas facer cando remates
de distraerte viaxando?

690
00:48:40,750 --> 00:48:42,250
Non o sei. Suicidarme?

691
00:48:44,625 --> 00:48:45,958
Meu irmán suicidouse.

692
00:48:48,250 --> 00:48:49,083
Merda.

693
00:48:50,000 --> 00:48:51,250
Non o sabías, vale?

694
00:48:53,875 --> 00:48:55,666
Non o sabías.

695
00:48:56,333 --> 00:48:58,208
A que vén esa cara?

696
00:48:59,250 --> 00:49:00,166
Non pasa nada.

697
00:49:02,000 --> 00:49:03,000
Como se chamaba?

698
00:49:03,083 --> 00:49:05,083
Leon. Lee.

699
00:49:06,625 --> 00:49:07,833
Si, era o meu rapaz.

700
00:49:09,375 --> 00:49:11,916
E agradezo que o preguntases.
Moita xente fai coma se…

701
00:49:13,916 --> 00:49:15,000
Xa sabes.

702
00:49:18,333 --> 00:49:19,375
Meu marido, Charlie.

703
00:49:20,458 --> 00:49:23,541
- Meu marido chamábase Charlie.
- Charlie. Leon e Charlie.

704
00:49:28,916 --> 00:49:30,833
E logo tes que escoitar…

705
00:49:30,916 --> 00:49:33,791
Non sei, a xente
di auténticas gaitadas, coma:

706
00:49:33,875 --> 00:49:35,625
"Agora está…"

707
00:49:38,250 --> 00:49:40,666
"Agora está nun lugar mellor, Felix."

708
00:49:40,750 --> 00:49:43,500
Si, ou…

709
00:49:43,583 --> 00:49:46,833
"Segue vivo, pero a través de ti."

710
00:49:46,916 --> 00:49:50,958
E penso: "Meu, pero que me estás contando?

711
00:49:51,041 --> 00:49:54,666
Que sentido ten iso?"

712
00:49:54,750 --> 00:49:57,125
Xa sei que o din con cariño,

713
00:49:57,208 --> 00:50:02,000
pero a min iso non me axuda nada.

714
00:50:19,833 --> 00:50:21,708
Ás veces desexaría poder esquecer.

715
00:50:26,541 --> 00:50:27,458
Pero non podo.

716
00:50:31,416 --> 00:50:32,666
Lémbrome de todo.

717
00:50:36,250 --> 00:50:39,958
Lémbrome de como roía os bolígrafos.

718
00:50:40,916 --> 00:50:43,083
De como facía amigos en calquera sitio.

719
00:50:44,208 --> 00:50:48,833
Sempre estaba presente, era curioso e…

720
00:50:56,333 --> 00:50:57,458
Non sei.

721
00:51:01,250 --> 00:51:02,625
Eu non son especial.

722
00:51:04,750 --> 00:51:10,583
Só coñecín alguén que facía
que todo fose máxico, interesante e…

723
00:51:14,375 --> 00:51:16,625
Tiven esa sorte.

724
00:51:16,708 --> 00:51:18,250
Tiven o que todos queren.

725
00:51:19,750 --> 00:51:22,750
Tocoume a lotaría.

726
00:51:31,750 --> 00:51:32,583
E logo…

727
00:51:50,083 --> 00:51:51,541
Perdón. Non sei nin o que…

728
00:51:53,166 --> 00:51:54,000
Tranquila.

729
00:52:55,166 --> 00:52:56,333
Coida esa queimadura.

730
00:54:08,333 --> 00:54:09,208
Vale.

731
00:54:18,541 --> 00:54:20,291
Non te preocupes, ti sígueme.

732
00:54:40,333 --> 00:54:41,958
Improvisade, vamos.

733
00:54:49,708 --> 00:54:50,541
Vale.

734
00:54:53,125 --> 00:54:56,708
Un, dous.

735
00:55:10,250 --> 00:55:11,791
Antes odiaba o fado.

736
00:55:13,041 --> 00:55:13,875
E iso por que?

737
00:55:14,875 --> 00:55:18,500
Polo réxime de Salazar.
Apropiáronse del, usárono.

738
00:55:18,583 --> 00:55:22,083
Asociábao a aquela época.

739
00:55:22,166 --> 00:55:26,333
Pero esta mocidade tan fermosa
dálle unha vida nova.

740
00:55:27,791 --> 00:55:29,958
Agora creo que me gusta.

741
00:55:32,083 --> 00:55:35,333
E ti tamén es moi nova e guapa.

742
00:55:37,250 --> 00:55:40,250
- Pois eu non me sinto tan nova.
- Non digas iso.

743
00:55:41,791 --> 00:55:44,333
Non me gusta cando dicides esas cousas.

744
00:55:47,291 --> 00:55:51,375
Refírome a que non me sinto
tan nova por dentro.

745
00:55:53,166 --> 00:55:55,375
Non fagas da infelicidade unha elección.

746
00:55:56,375 --> 00:55:59,291
É de preguiceiros. E é máis duro.

747
00:56:05,083 --> 00:56:05,916
Vale.

748
00:56:06,458 --> 00:56:09,125
<i>Valentona.</i> Entendiches?

749
00:56:09,916 --> 00:56:10,750
Creo que si.

750
00:56:11,250 --> 00:56:13,250
PRACERES

751
00:57:03,750 --> 00:57:07,500
Vou ir ó Algarve.
É unha visita por traballo.

752
00:57:08,500 --> 00:57:10,000
Despois volvo a Londres.

753
00:57:13,083 --> 00:57:15,208
Estaba pensando se che gustaría…

754
00:57:17,291 --> 00:57:19,916
acompañarme á praia antes de volver.

755
00:57:21,041 --> 00:57:22,625
Non tes que responder.

756
00:57:24,208 --> 00:57:29,791
Podes vir ou… non vir, claro.

757
00:57:32,083 --> 00:57:33,083
Iso.

758
00:57:34,166 --> 00:57:38,041
Si, marcho mañá ás 12:00, en tren.

759
00:57:43,875 --> 00:57:45,500
Vale.

760
00:57:46,541 --> 00:57:47,541
Adeus.

761
00:58:25,833 --> 00:58:26,666
Henrique, ola.

762
00:58:27,666 --> 00:58:29,208
Son Felix de novo.

763
00:58:30,125 --> 00:58:31,000
Quedamos fóra.

764
00:58:31,666 --> 00:58:33,458
Chámame. Quédame pouca batería.

765
00:58:47,625 --> 00:58:51,458
Leon e eu adoitabamos facer isto
de nenos en Brighton.

766
01:00:48,250 --> 01:00:50,416
- Vaites.
<i>- Goûter.</i>

767
01:00:51,208 --> 01:00:53,333
Así lle chama Noelle.

768
01:00:53,416 --> 01:00:56,625
É unha lambetada que comen
os nenos franceses ó saír da escola.

769
01:00:57,458 --> 01:00:58,583
Que significa <i>goûter?</i>

770
01:01:00,083 --> 01:01:03,583
Sándwich de chocolate?
Bocadillo de chocolate?

771
01:01:03,666 --> 01:01:06,791
Non o sei. Só sei que lle gusta a ela.

772
01:01:06,875 --> 01:01:08,500
Nótase que che gusta ser pai.

773
01:01:09,375 --> 01:01:10,833
Pois si.

774
01:01:11,583 --> 01:01:13,875
A súa nai e eu temos unha boa relación.

775
01:01:13,958 --> 01:01:15,500
E como vos coñecestes?

776
01:01:15,583 --> 01:01:17,708
Na escola de arte, pero eu era pésimo.

777
01:01:17,791 --> 01:01:22,083
Pero non o normal,
senón pésimo de verdade.

778
01:01:22,166 --> 01:01:28,458
Ela, en cambio, era unha alumna
brillantísima e moi talentosa

779
01:01:28,541 --> 01:01:31,000
que acabou montando
o seu estudio en Londres.

780
01:01:31,083 --> 01:01:33,958
E eu vivo alí cando non traballo fóra.
Son londiniense.

781
01:01:35,458 --> 01:01:39,791
Vós falastes algunha vez de ter fillos
ou non era algo que…?

782
01:01:41,000 --> 01:01:42,791
- Falámolo, si.
- Si?

783
01:01:46,375 --> 01:01:48,083
Agora penso que me gustaría…

784
01:01:50,208 --> 01:01:51,041
Xa.

785
01:01:53,250 --> 01:01:54,625
Que me quedase algo del.

786
01:02:01,416 --> 01:02:05,291
É curioso.
Antes parecíame egoísta ter fillos,

787
01:02:06,916 --> 01:02:07,750
pero…

788
01:02:10,291 --> 01:02:12,250
agora penso que hai esperanza niso.

789
01:02:12,333 --> 01:02:13,333
Xa.

790
01:02:13,416 --> 01:02:15,875
Noelle foi… A ver, non a buscamos,

791
01:02:15,958 --> 01:02:19,958
así que nunca cheguei

792
01:02:21,083 --> 01:02:25,333
a cuestionalo en serio,
pero é unha esperanza, certo.

793
01:02:45,708 --> 01:02:47,916
<i>Sinto que estou viva outra vez.</i>

794
01:02:48,625 --> 01:02:50,458
<i>Pero é a vida doutra persoa.</i>

795
01:02:55,416 --> 01:02:57,458
Como é ser esa persoa?

796
01:03:03,333 --> 01:03:04,541
Coma unha fantasía.

797
01:03:19,666 --> 01:03:21,500
Mañá teño que marchar.

798
01:03:21,583 --> 01:03:26,583
Noelle colleu un arrefriado
e xa volven para a casa.

799
01:03:26,666 --> 01:03:30,333
Díxenlle que volvería
antes ca elas, así que…

800
01:03:31,083 --> 01:03:31,916
Claro.

801
01:03:33,208 --> 01:03:35,541
Igual non che apetece vir a…

802
01:03:36,291 --> 01:03:37,125
A Londres?

803
01:03:39,291 --> 01:03:41,375
Poderiamos despedirnos xa, pero…

804
01:03:42,875 --> 01:03:44,875
a verdade é que non quero facelo.

805
01:04:16,208 --> 01:04:18,791
Si, pregúntame. Aí vai.

806
01:04:18,875 --> 01:04:20,000
- E vostede.
- Grazas.

807
01:04:20,083 --> 01:04:21,583
- Grazas.
- Bo proveito.

808
01:04:22,291 --> 01:04:23,541
Vaia pinta. Compartímolo?

809
01:04:23,625 --> 01:04:24,666
- Si.
- Vale.

810
01:04:28,875 --> 01:04:29,833
Que pasa?

811
01:04:35,625 --> 01:04:37,458
- Maya.
- Alguén…

812
01:04:39,500 --> 01:04:40,333
Maya?

813
01:04:45,458 --> 01:04:46,291
Ola.

814
01:04:47,875 --> 01:04:49,291
Ola. Eu… Estás…

815
01:04:50,958 --> 01:04:53,000
Vaia. Que tal estás?

816
01:04:55,958 --> 01:04:57,208
Que fas aquí?

817
01:04:58,500 --> 01:04:59,500
Levo…

818
01:04:59,583 --> 01:05:03,458
Perdón. Levo moito tempo
intentando contactar contigo.

819
01:05:04,250 --> 01:05:06,916
Non estiven moi localizable.

820
01:05:11,833 --> 01:05:15,500
Xa, estou aquí cuns amigos.
Viñemos por traballo. E ti…?

821
01:05:16,625 --> 01:05:17,458
Agora vives aquí?

822
01:05:19,333 --> 01:05:20,166
Non.

823
01:05:26,125 --> 01:05:27,875
Perdoa, é que…

824
01:05:29,625 --> 01:05:30,666
É que…

825
01:05:31,541 --> 01:05:32,375
Son Felix.

826
01:05:33,416 --> 01:05:35,791
- Ola. Eu son Jason.
- Jason, encantado.

827
01:05:35,875 --> 01:05:37,583
- Encantado.
- Si, encantado.

828
01:05:39,166 --> 01:05:43,083
Jason é un amigo meu de Boston.

829
01:05:43,166 --> 01:05:44,625
Que ben.

830
01:05:47,083 --> 01:05:48,208
Un amigo de Boston.

831
01:05:49,958 --> 01:05:51,250
En serio?

832
01:05:51,333 --> 01:05:54,208
Eramos familia, Maya.

833
01:05:54,291 --> 01:05:56,500
Pasabamos as vacacións xuntos…

834
01:05:57,541 --> 01:05:59,625
Celebramos 12 Accións de Grazas.

835
01:06:00,458 --> 01:06:01,625
Falei na túa voda.

836
01:06:02,791 --> 01:06:05,708
Son moitas Accións de Grazas.
Queres sentar connosco?

837
01:06:05,791 --> 01:06:07,125
- Non.
- Si, gus…

838
01:06:08,541 --> 01:06:13,125
A ver, tes… unha cea.

839
01:06:17,708 --> 01:06:19,250
Que…?

840
01:06:19,333 --> 01:06:21,375
A ver, que…? Pero que pasa? Que…?

841
01:06:22,166 --> 01:06:23,875
Só me vas dicir iso?

842
01:06:25,208 --> 01:06:26,583
Non sei que queres de min.

843
01:06:26,666 --> 01:06:28,833
Que que quero de ti? Marchaches.

844
01:06:29,416 --> 01:06:30,916
Marchaches. Non te despediches.

845
01:06:31,000 --> 01:06:33,000
Non dixeches nada.
Sabes canto te buscamos?

846
01:06:33,083 --> 01:06:35,041
Tentamos contactarte, ver se estabas ben,

847
01:06:35,125 --> 01:06:37,041
se todo ía ben.

848
01:06:37,125 --> 01:06:38,791
- Non volo pedín.
- Abonda.

849
01:06:38,875 --> 01:06:39,833
Non pasa nada.

850
01:06:39,916 --> 01:06:41,958
Podes marchar? Déixasme tranquila?

851
01:06:42,041 --> 01:06:44,291
Por favor, vai beber algo. Bebe dez copas.

852
01:06:44,375 --> 01:06:46,291
Esquece todo isto, si?

853
01:06:50,541 --> 01:06:51,375
Ben.

854
01:07:03,708 --> 01:07:05,625
- Que pasou?
- Podemos marchar?

855
01:07:06,666 --> 01:07:12,375
Metín todo o imprescindible
en dúas maletas.

856
01:07:13,916 --> 01:07:18,708
Collín o seu móbil, as súas chaves
e o seu certificado de nacemento,

857
01:07:18,791 --> 01:07:24,833
metín todo nunha bolsa do supermercado
e deixeina diante da porta de Jason.

858
01:07:30,583 --> 01:07:31,958
Non respondín as chamadas.

859
01:07:34,958 --> 01:07:36,708
Nin sequera as de súa nai.

860
01:07:39,250 --> 01:07:40,250
Non…

861
01:07:45,458 --> 01:07:46,833
Non sei. É que…

862
01:07:51,458 --> 01:07:52,541
Supoño que…

863
01:07:54,583 --> 01:07:56,958
non podía estar con eles…

864
01:08:00,333 --> 01:08:06,083
para que me odiasen, me culpasen e…

865
01:08:08,333 --> 01:08:09,583
xa sabes…

866
01:08:11,000 --> 01:08:14,125
me dixesen que debín convencelo
para que quedase noutro sitio

867
01:08:14,208 --> 01:08:16,083
e mantelo a salvo.

868
01:08:21,291 --> 01:08:22,583
Iso.

869
01:08:22,666 --> 01:08:26,041
E logo está Jason, que é como…

870
01:08:28,041 --> 01:08:29,833
Non era quen de afrontalo.

871
01:08:29,916 --> 01:08:33,625
E…

872
01:08:37,583 --> 01:08:43,916
chamei a Taskrabbit
para que recollesen todas as miñas cousas

873
01:08:44,000 --> 01:08:45,750
e as gardasen nun rocho.

874
01:08:45,833 --> 01:08:49,250
Marchei ó aeroporto,
tirei o móbil nunha papeleira

875
01:08:49,333 --> 01:08:51,000
e non regresei.

876
01:08:57,166 --> 01:09:03,083
Supoño que todo resulta máis sinxelo
se non tes a ninguén.

877
01:09:03,166 --> 01:09:04,250
Non o sei.

878
01:09:05,166 --> 01:09:09,708
Ir á deriva, coma un anaco
de materia inútil non baleiro.

879
01:09:21,500 --> 01:09:24,541
Din que non podes fuxir da túa vida,
pero podes.

880
01:09:27,375 --> 01:09:28,791
E convértete nun monstro.

881
01:10:00,083 --> 01:10:00,916
Grazas.

882
01:10:01,833 --> 01:10:02,958
De nada.

883
01:10:16,291 --> 01:10:20,000
E se admitimos que hai algo entre nós?

884
01:10:22,708 --> 01:10:24,041
E se asumimos o risco?

885
01:10:27,541 --> 01:10:32,500
Sei que el foi o amor da túa vida e…

886
01:10:34,125 --> 01:10:35,416
paréceme fermoso.

887
01:10:39,250 --> 01:10:41,250
Pero quen di que só se pode ter un?

888
01:11:01,000 --> 01:11:04,875
Ei, sabes quen é? Eu si.

889
01:11:04,958 --> 01:11:08,583
Xa a coñecía.
Noelle, esta é a nosa amiga Maya.

890
01:11:09,708 --> 01:11:11,041
- Ola.
- Ola.

891
01:11:11,625 --> 01:11:13,916
- Encantada.
- Igualmente.

892
01:11:14,541 --> 01:11:15,416
Papá.

893
01:11:15,500 --> 01:11:16,583
PROHIBIDO CANS

894
01:11:16,666 --> 01:11:17,958
Si, ese está ben.

895
01:11:18,041 --> 01:11:21,750
Si. Agora fixámonos nos sinais, non si?

896
01:11:21,833 --> 01:11:24,125
Sobre todo os que levan
unha barra atravesada.

897
01:11:24,208 --> 01:11:27,833
Se leva un "prohibido"
ou unha barra atravesada, encántanos.

898
01:11:27,916 --> 01:11:29,333
Adoramos eses sinais.

899
01:11:30,791 --> 01:11:36,041
Quizais me poidas axudar con algo.

900
01:11:36,125 --> 01:11:38,958
Vin este sinal en Madrid.

901
01:11:39,041 --> 01:11:42,458
Non tiña barras nin prohibidos,
pero chamoume a atención.

902
01:11:44,000 --> 01:11:45,250
Que significa?

903
01:11:45,333 --> 01:11:47,625
Non o sei. Pensei que igual o saberías.

904
01:11:47,708 --> 01:11:49,583
Xa o viras algunha vez?

905
01:11:49,666 --> 01:11:54,166
Nunca o vira.
É deses que che fan pensar, non si?

906
01:11:59,166 --> 01:12:00,291
É un segredo?

907
01:12:05,416 --> 01:12:08,916
Non o sei, tesouro. Pode ser.
Vale? Pode ser, xa veremos.

908
01:12:09,000 --> 01:12:11,333
Primeiro imos e logo falamos diso, si?

909
01:12:11,416 --> 01:12:12,833
Devolvémosllo a Maya?

910
01:12:12,916 --> 01:12:16,333
Para que non rompa,
que os móbiles son caros.

911
01:12:16,416 --> 01:12:19,083
E vai buscar o teu patinete.

912
01:12:21,958 --> 01:12:23,166
- Estás ben?
- Tes maña.

913
01:12:27,000 --> 01:12:29,166
Vai dar unha volta, pero non te afastes.

914
01:12:34,291 --> 01:12:36,791
Que che borboriñou Noelle antes no parque?

915
01:12:39,708 --> 01:12:44,666
Preguntoume se querías vir
á súa festa de aniversario.

916
01:12:50,458 --> 01:12:51,333
Se é demasiado…

917
01:13:01,166 --> 01:13:04,125
É o <i>Mouse Trap.</i> O xogo.

918
01:13:13,166 --> 01:13:16,208
- Ola.
- Felix. Que tal?

919
01:13:16,291 --> 01:13:17,458
Ben.

920
01:13:17,541 --> 01:13:19,000
- Que elegante.
- Grazas.

921
01:13:19,083 --> 01:13:20,583
E Maya, ola.

922
01:13:21,708 --> 01:13:23,541
Benvida. Que alegría que viñeses.

923
01:13:24,666 --> 01:13:26,958
Es moi francesa. Perdón.

924
01:13:27,041 --> 01:13:29,416
- Si, xa mo dixeron.
- Xa cho dixen eu.

925
01:13:29,500 --> 01:13:31,916
Perdón, non o podo evitar. Moitas grazas.

926
01:13:33,166 --> 01:13:34,458
Bo traballo, papá.

927
01:13:34,541 --> 01:13:36,041
- Grazas.
- Xa sei o que é.

928
01:13:36,125 --> 01:13:37,875
- Si que escoito, ves?
- Si.

929
01:13:37,958 --> 01:13:38,791
Queres algo?

930
01:13:38,875 --> 01:13:40,583
- Por favor. Grazas.
- Vale.

931
01:13:40,666 --> 01:13:43,625
Imaxino que xa te fixaches
na temática da festa.

932
01:13:43,708 --> 01:13:45,083
A torta é incrible.

933
01:13:45,166 --> 01:13:48,208
Grazas. O meu plan era facer
un "Prohibido fumar",

934
01:13:48,291 --> 01:13:49,833
pero pareceulle desapropiado.

935
01:13:49,916 --> 01:13:53,125
- Era desapropiado, abofé.
- Era, si.

936
01:13:53,208 --> 01:13:54,208
- Anna?
- Dime.

937
01:13:54,291 --> 01:13:55,500
Tes máis viño?

938
01:13:55,583 --> 01:13:56,833
- Si. Xa volvo.
- Grazas.

939
01:13:56,916 --> 01:13:58,250
- Felicitámola?
- Si.

940
01:13:58,333 --> 01:14:00,416
Si? Ola, parabéns!

941
01:14:00,500 --> 01:14:02,291
Onde está a aniversarieira?

942
01:14:04,291 --> 01:14:05,583
Parabéns.

943
01:14:05,666 --> 01:14:06,666
Lémbraste de Maya?

944
01:14:06,750 --> 01:14:07,708
- Saudámola?
- Ola.

945
01:14:07,791 --> 01:14:08,916
- Ola, Maya.
- Ola.

946
01:14:20,583 --> 01:14:23,291
ESTRAGAFESTAS

947
01:14:23,375 --> 01:14:24,208
Estás ben?

948
01:14:29,166 --> 01:14:30,541
Vou buscar a túa nai?

949
01:14:33,250 --> 01:14:36,708
FARMACIA

950
01:14:49,750 --> 01:14:53,125
Grazas. Déixao aquí ou onde atopes sitio.

951
01:14:53,208 --> 01:14:55,083
- Vale.
- Moitas grazas.

952
01:14:55,166 --> 01:14:56,333
Faltaría máis.

953
01:14:56,416 --> 01:14:59,291
Si, coa bóla.

954
01:14:59,375 --> 01:15:01,458
- A bóla. Grazas.
- Ata que caia.

955
01:15:01,541 --> 01:15:02,500
Lista?

956
01:15:05,166 --> 01:15:08,208
Eu daríache tres puntos por iso.

957
01:15:08,291 --> 01:15:10,000
Porque, se non entra…

958
01:15:10,083 --> 01:15:12,166
Non che dá medo que lle pase algo?

959
01:15:14,958 --> 01:15:18,625
Non, a ver, quérela…?

960
01:15:18,708 --> 01:15:19,958
Quérela tanto

961
01:15:20,041 --> 01:15:23,625
- que ás veces te angustias…?
- Entendo a pregunta.

962
01:15:24,416 --> 01:15:25,291
Vale.

963
01:15:27,250 --> 01:15:32,666
Constantemente. É un medo terrible.

964
01:15:34,333 --> 01:15:36,083
Pero tamén é amor, supoño.

965
01:15:42,500 --> 01:15:43,750
Si, moi ben.

966
01:15:43,833 --> 01:15:45,541
Que che apetece para cear?

967
01:15:46,875 --> 01:15:52,166
Quedou <i>curry </i>na neveira,
pero igual non che apetece repetir.

968
01:15:53,750 --> 01:15:55,583
Se non, podemos saír despois

969
01:15:55,666 --> 01:15:57,708
e ir ó sitio ese que che gusta tanto.

970
01:16:00,916 --> 01:16:01,750
Non podo.

971
01:16:04,916 --> 01:16:05,750
Non podo facelo.

972
01:16:07,333 --> 01:16:08,833
Como que non podes?

973
01:16:09,541 --> 01:16:11,875
Non podo volver implicarme
na vida de alguén.

974
01:16:11,958 --> 01:16:13,458
Outra vez non. Síntoo.

975
01:16:23,000 --> 01:16:25,583
Foi pola festa? Ou que foi?

976
01:16:25,666 --> 01:16:28,750
Todo. É todo. É que sodes unha familia.

977
01:16:30,958 --> 01:16:31,958
Falas en serio?

978
01:16:35,041 --> 01:16:36,583
Non…

979
01:16:38,250 --> 01:16:40,750
Pero ti xa sabías que tiña unha filla

980
01:16:40,833 --> 01:16:45,500
e que comparto a súa crianza.
Non é nada novo.

981
01:16:48,541 --> 01:16:50,041
Logo que queres?

982
01:16:50,125 --> 01:16:51,625
Queres…?

983
01:16:51,708 --> 01:16:54,083
Queres que todo se reduza
ós dous no Algarve?

984
01:16:54,166 --> 01:16:56,125
- É iso…?
- Non o sei.

985
01:16:56,208 --> 01:16:57,333
Queres estar soa?

986
01:17:04,166 --> 01:17:05,666
Queres estar…?

987
01:17:05,750 --> 01:17:11,166
Maya, sabes que ás veces…?

988
01:17:11,250 --> 01:17:13,833
Ás veces dis auténticas parvadas.

989
01:17:16,125 --> 01:17:17,000
Sábelo?

990
01:17:18,500 --> 01:17:22,125
Toda esa historia
de que evitas conectar coa xente

991
01:17:22,208 --> 01:17:23,875
cando é evidente que é…

992
01:17:23,958 --> 01:17:27,000
- É xusto o que desexas.
- Non podo facelo!

993
01:17:32,958 --> 01:17:34,166
Vale, pois marcha.

994
01:17:37,458 --> 01:17:38,708
Non irei tras de ti.

995
01:17:42,500 --> 01:17:44,250
Deixareiche as cousas na porta!

996
01:18:26,541 --> 01:18:27,375
<i>Maya.</i>

997
01:18:30,708 --> 01:18:32,750
<i>Maya, son Ruth. Déixame pasar.</i>

998
01:18:36,416 --> 01:18:37,291
Ma…

999
01:18:47,416 --> 01:18:49,916
Maya, son Ruth.

1000
01:18:52,375 --> 01:18:55,958
Non me deixan entrar no hospital.
Maya, necesito a túa axuda.

1001
01:18:59,791 --> 01:19:00,791
Maya!

1002
01:19:01,541 --> 01:19:04,166
Baixa aquí e dime que pasou.

1003
01:19:04,250 --> 01:19:11,125
Baixa aquí, Maya,
e dime o que lle pasou ó meu fillo.

1004
01:19:12,666 --> 01:19:19,125
Maya, mírame. Mírame á cara. Covarde!

1005
01:19:19,208 --> 01:19:20,458
<i>Baixa aquí.</i>

1006
01:19:21,916 --> 01:19:26,583
<i>Puxéchelo ti enfermo. Foi culpa túa. Túa.</i>

1007
01:19:28,375 --> 01:19:32,541
Mírame á cara, covarde.

1008
01:19:40,166 --> 01:19:44,000
Que fixeches, Maya?

1009
01:19:44,083 --> 01:19:48,708
Que fixeches? Charlie, non…
Deus santo, non.

1010
01:19:50,375 --> 01:19:51,791
<i>Sigue, Maya.</i>

1011
01:19:54,916 --> 01:19:57,041
<i>Creo que estamos avanzando.</i>

1012
01:20:07,250 --> 01:20:11,166
TRINTA E DOUS

1013
01:20:19,416 --> 01:20:20,708
- Ola.
- Ola.

1014
01:20:29,125 --> 01:20:30,333
Pasaron meses.

1015
01:20:32,333 --> 01:20:33,708
Si…

1016
01:20:35,250 --> 01:20:38,208
Creo que xa perdín a noción do tempo.

1017
01:20:39,458 --> 01:20:40,375
Pois si.

1018
01:20:43,125 --> 01:20:44,750
Pedinche un té verde.

1019
01:20:44,833 --> 01:20:47,166
- Queres sentar?
- Xenial. Si, grazas.

1020
01:20:55,416 --> 01:20:56,250
Como estás?

1021
01:20:57,375 --> 01:20:58,916
Ben. Véxote ben.

1022
01:21:01,000 --> 01:21:02,791
Grazas. É que…

1023
01:21:04,125 --> 01:21:06,208
De feito, acabo de chegar de Tokio.

1024
01:21:09,791 --> 01:21:12,125
Vou ser directa: non…

1025
01:21:14,375 --> 01:21:15,875
Non quero…

1026
01:21:19,333 --> 01:21:21,083
Non quero renunciar ó noso.

1027
01:21:22,166 --> 01:21:23,166
A ver.

1028
01:21:24,708 --> 01:21:25,750
Maya…

1029
01:21:29,333 --> 01:21:31,750
Desapareciches durante moito tempo.

1030
01:21:32,625 --> 01:21:33,625
Sabes?

1031
01:21:43,500 --> 01:21:44,916
Anna e mais eu…

1032
01:21:47,041 --> 01:21:48,708
Si.

1033
01:21:52,125 --> 01:21:54,125
Non sei. Ti e eu…

1034
01:21:55,041 --> 01:22:00,458
E agora chámasme de súpeto

1035
01:22:00,541 --> 01:22:04,333
e non sei moi ben que facer, sinceramente.

1036
01:22:07,500 --> 01:22:08,333
Síntoo.

1037
01:22:08,416 --> 01:22:11,833
Non me sentía preparada.

1038
01:22:12,583 --> 01:22:14,000
Si, xa, enténdoo.

1039
01:22:15,000 --> 01:22:15,875
Xa.

1040
01:22:23,333 --> 01:22:26,416
É o que hai.

1041
01:22:29,291 --> 01:22:31,875
Maya, tes que deixar de compadecerte.

1042
01:22:33,333 --> 01:22:38,291
Que non funcionase,
ou que non puidese ser, non significa que…

1043
01:22:42,625 --> 01:22:44,208
O que quero dicir é…

1044
01:22:46,291 --> 01:22:48,125
que isto significou algo.

1045
01:22:48,208 --> 01:22:54,500
E se dentro dun ano, dous ou cinco
precisas chamarme para comprobalo,

1046
01:22:54,583 --> 01:22:58,333
respondereiche e direiche que si,
que significou algo.

1047
01:23:00,708 --> 01:23:01,708
Iso.

1048
01:23:03,666 --> 01:23:06,000
Non o vou facer, pero grazas.

1049
01:23:06,083 --> 01:23:09,083
- É un detalle.
- Si? Non o sei.

1050
01:23:59,375 --> 01:24:03,333
TRINTA E CATRO

1051
01:24:03,416 --> 01:24:09,125
<i>Poden embarcar os pasaxeiros do voo 291.</i>
<i>Por favor, diríxanse á porta 4.</i>

1052
01:24:16,916 --> 01:24:19,125
<i>Vaia, canta xente.</i>

1053
01:24:19,958 --> 01:24:23,791
Pídovos un pouco de paciencia.
Falar en público non é o meu forte,

1054
01:24:23,875 --> 01:24:26,791
pero quería participar nesta charla
sobre o autocoidado.

1055
01:24:26,875 --> 01:24:28,625
O BENESTAR NA ENFERMARÍA

1056
01:24:28,708 --> 01:24:31,000
Xa sei. Xa vos vexo revirar os ollos.

1057
01:24:31,083 --> 01:24:35,750
Pero é porque fun enfermeira de urxencias
durante os primeiros meses da covid,

1058
01:24:35,833 --> 01:24:38,916
antes de acabar queimada
e pasar á teleasistencia.

1059
01:24:39,000 --> 01:24:40,625
Nos últimos seis anos,

1060
01:24:40,708 --> 01:24:44,000
fomos vendo como aquel trauma
afectou á nosa profesión,

1061
01:24:44,083 --> 01:24:48,125
por non falar das perdas persoais
que sufrimos moitos de nós.

1062
01:24:50,208 --> 01:24:53,708
Pero temos que responsabilizarnos
do noso benestar

1063
01:24:53,791 --> 01:24:55,416
igual que o facemos cos pacientes.

1064
01:24:56,333 --> 01:24:58,958
<i>E estou aquí para lembrarvos</i>
<i>algunhas ferramentas…</i>

1065
01:24:59,041 --> 01:25:02,958
<i>Ó finalizar, pode colgar</i>
<i>ou premer o un para máis opcións.</i>

1066
01:25:05,541 --> 01:25:06,375
Ola.

1067
01:25:08,250 --> 01:25:09,833
Son Maya. Non…

1068
01:25:11,416 --> 01:25:14,416
Non sei se aínda tes este número, pero…

1069
01:25:14,500 --> 01:25:18,583
estou en Nova Orleáns.

1070
01:25:18,666 --> 01:25:21,541
<i>Faise raro volver ós Estados Unidos.</i>

1071
01:25:21,625 --> 01:25:24,916
<i>O certo é que esperaba</i>
<i>retomar o contacto contigo,</i>

1072
01:25:25,000 --> 01:25:28,583
así que chámame se podes ou…

1073
01:25:31,250 --> 01:25:32,958
Chámame se queres.

1074
01:25:33,958 --> 01:25:36,625
<i>Espero que esteas ben. Abur.</i>

1075
01:25:39,166 --> 01:25:40,583
Diga?

1076
01:26:11,625 --> 01:26:12,458
Maya.

1077
01:26:15,958 --> 01:26:16,875
- Ola.
- Ola.

1078
01:26:20,791 --> 01:26:21,625
Como estás?

1079
01:26:23,583 --> 01:26:24,958
Pois…

1080
01:26:28,083 --> 01:26:29,750
Non sei nin por onde empezar.

1081
01:26:33,750 --> 01:26:36,041
Vou pedir un pouco de…

1082
01:26:36,125 --> 01:26:37,458
Perdoe?

1083
01:26:37,541 --> 01:26:40,000
- Poderíame traer auga?
- Si, por suposto.

1084
01:26:41,166 --> 01:26:42,000
Grazas.

1085
01:26:43,125 --> 01:26:45,000
Queres que pidamos as bebidas?

1086
01:26:45,083 --> 01:26:48,541
Poderiamos pedir dous Martinis sucios
ben cargados,

1087
01:26:48,625 --> 01:26:50,083
- con olivas e iso?
- Maya…

1088
01:26:50,208 --> 01:26:52,541
Para min só auga con gas, por favor.

1089
01:26:52,625 --> 01:26:54,125
- Claro.
- Si, grazas.

1090
01:26:59,083 --> 01:27:04,166
- Si. Tanto che sorprende?
- Vaia. Vale. Si.

1091
01:27:08,166 --> 01:27:11,875
- Supoño que agora somos diferentes.
- Supós?

1092
01:27:11,958 --> 01:27:15,208
Mírate. E mírame.

1093
01:27:15,291 --> 01:27:17,666
Calquera diría que pasei
os últimos seis anos

1094
01:27:17,750 --> 01:27:22,000
pechada nun cuarto falando soa,
pero non foi o caso.

1095
01:27:22,083 --> 01:27:24,416
A ver, non foron seis anos, pero…

1096
01:27:33,083 --> 01:27:34,250
Síntoo moito.

1097
01:27:35,333 --> 01:27:36,375
Porteime moi mal.

1098
01:27:37,333 --> 01:27:40,208
Non o xustifica, pero…

1099
01:27:42,041 --> 01:27:45,041
non lle contara nada ó mozo co que estaba
nin quería que…

1100
01:27:45,125 --> 01:27:51,291
Si, xa o imaxinei.
Despois do que pasou, pero foi… Si.

1101
01:28:00,375 --> 01:28:01,708
Eras o meu mellor amigo.

1102
01:28:06,250 --> 01:28:08,083
Deixarte daquela maneira foi…

1103
01:28:14,916 --> 01:28:17,000
Pasei moito tempo

1104
01:28:17,083 --> 01:28:20,583
pensando en como a dor me fixo fuxir

1105
01:28:20,666 --> 01:28:25,291
e en como escapar me deixou…

1106
01:28:26,458 --> 01:28:30,541
moita vergoña, fun moi destrutiva.

1107
01:28:30,625 --> 01:28:34,583
Basicamente, quería borrar
todo o amor da miña vida

1108
01:28:34,666 --> 01:28:39,083
para non volver sufrir.

1109
01:28:40,458 --> 01:28:44,208
Agora vou a terapia
e probablemente sempre vaia.

1110
01:28:48,500 --> 01:28:50,333
Só quería dicirche que…

1111
01:28:52,875 --> 01:28:59,708
estou profundamente avergoñada
e que o sinto moitísimo.

1112
01:29:15,208 --> 01:29:16,041
Que?

1113
01:29:18,125 --> 01:29:19,291
Gozas con isto?

1114
01:29:19,375 --> 01:29:21,666
- Un pouco.
- Gústache verme suplicar?

1115
01:29:21,750 --> 01:29:22,791
Gústame.

1116
01:29:22,875 --> 01:29:26,958
Que? Estás coma unha tella. Estás fatal.

1117
01:29:27,583 --> 01:29:29,541
Supoño que…

1118
01:29:30,333 --> 01:29:31,750
seguimos sendo os mesmos.

1119
01:29:33,625 --> 01:29:36,291
Podo convidarte?
Que tal un bisté ridiculamente caro?

1120
01:29:37,791 --> 01:29:39,458
Isto non che vai gustar.

1121
01:29:40,291 --> 01:29:41,458
Agora son vegano.

1122
01:29:42,625 --> 01:29:44,041
Vaia… Non o…

1123
01:29:44,125 --> 01:29:49,125
Son cooperativas, vivendas compartidas,
autosuficientes e sostibles.

1124
01:29:49,208 --> 01:29:50,541
É un mundo novo.

1125
01:29:51,791 --> 01:29:56,208
Algunha vez te preguntaches
quen ten dereito a vivir en cada sitio?

1126
01:29:56,291 --> 01:29:58,541
E se queremos cuestionar ese sistema,

1127
01:29:58,625 --> 01:30:00,375
como queremos vivir?

1128
01:30:06,000 --> 01:30:07,208
Que?

1129
01:30:07,291 --> 01:30:08,833
Teño casa en Luxemburgo.

1130
01:30:09,666 --> 01:30:12,166
Xa hai dous anos que vivo alí.

1131
01:30:13,291 --> 01:30:17,500
Teño unha horta e coñezo os veciños.

1132
01:30:19,875 --> 01:30:20,791
Si.

1133
01:30:20,875 --> 01:30:24,666
E o tipo co que estabas cando te vin?

1134
01:30:26,958 --> 01:30:28,166
Non funcionou.

1135
01:30:31,125 --> 01:30:32,875
Pero foi…

1136
01:30:32,958 --> 01:30:35,291
Alégrome de que pasase. Foi importante.

1137
01:30:37,208 --> 01:30:38,791
Foi importante porque…

1138
01:30:42,750 --> 01:30:43,791
- Que?
- Non…

1139
01:30:45,416 --> 01:30:48,500
Non sei como falar disto sen falar del.

1140
01:30:51,416 --> 01:30:54,583
- Entón falemos del.
- Non é necesario. Só…

1141
01:30:54,666 --> 01:30:55,500
Quero facelo.

1142
01:30:58,791 --> 01:31:01,208
En serio. Antes non falaba doutra cousa.

1143
01:31:02,375 --> 01:31:03,750
Ata comigo mesma.

1144
01:31:07,416 --> 01:31:12,625
Xa. Bótoo en falta. Moito.

1145
01:31:18,125 --> 01:31:18,958
Eu tamén.

1146
01:31:33,250 --> 01:31:34,666
<i>Se algunha vez vas a Austin,</i>

1147
01:31:34,750 --> 01:31:37,125
<i>tes que ir ó Diego's</i>
<i>e escoitalos ti mesma.</i>

1148
01:31:37,208 --> 01:31:38,458
<i>- É unha invitación?</i>
<i>- Si.</i>

1149
01:31:39,625 --> 01:31:41,333
Sorpréndeme que vaias ó mesmo sitio

1150
01:31:41,416 --> 01:31:43,166
para escoitar o mesmo grupo.

1151
01:31:44,625 --> 01:31:47,541
Para empezar,
o Diego's é toda unha institución.

1152
01:31:47,625 --> 01:31:51,000
- E a banda é absolutamente…
- É unha rutina de manual.

1153
01:31:51,083 --> 01:31:52,333
Agora son o Sr. Rutina.

1154
01:31:52,416 --> 01:31:53,833
- Encántanme.
- Sr. Rutina?

1155
01:31:53,916 --> 01:31:56,625
Si, encántanme as rutinas
porque, con todo o…

1156
01:31:56,708 --> 01:31:58,708
- Agora es o Sr. Rutina?
- Si…

1157
01:31:58,791 --> 01:32:02,541
Mi madriña. Eses trastes.
Non me fan ningunha graza.

1158
01:32:02,625 --> 01:32:03,458
A min si.

1159
01:32:03,541 --> 01:32:04,666
- Gústanche?
- Si.

1160
01:32:06,041 --> 01:32:07,500
- Por que?
- Podes falarlles.

1161
01:32:07,583 --> 01:32:08,750
Mira.

1162
01:32:10,250 --> 01:32:11,708
Perdoa.

1163
01:32:11,791 --> 01:32:15,000
Perdoa, amiguiño.
Desculpa os modais da miña amiga.

1164
01:32:15,083 --> 01:32:20,083
Dime unha cousa: cres que estamos na Terra
por algún motivo?

1165
01:32:20,166 --> 01:32:22,125
Ten algún sentido todo isto?

1166
01:32:22,208 --> 01:32:25,750
<i>Os humanos poden atopar profundidade</i>
<i>nas experiencias máis banais,</i>

1167
01:32:25,833 --> 01:32:29,250
<i>aínda que moitas vidas humanas</i>
<i>sexan unha amalgama de acontecementos</i>

1168
01:32:29,333 --> 01:32:30,875
<i>carentes de significado.</i>

1169
01:32:30,958 --> 01:32:33,750
- Debe estar avariado.
<i>- É unha opinión persoal.</i>

1170
01:32:33,833 --> 01:32:35,708
<i>Non reflicte as opinións nin…</i>

1171
01:32:35,791 --> 01:32:36,750
<i>Non era para tanto.</i>

1172
01:32:36,833 --> 01:32:38,958
Si que o era. Era un <i>mullet</i> en toda regra.

1173
01:32:39,041 --> 01:32:42,875
Parecía un loitador dos oitenta
sen músculos.

1174
01:32:45,666 --> 01:32:49,416
Moitas grazas por vir. É…

1175
01:32:50,666 --> 01:32:51,791
importante para min.

1176
01:32:53,416 --> 01:32:54,666
A ver, Maya.

1177
01:32:58,125 --> 01:32:59,458
Chamaches e collín o coche.

1178
01:33:00,541 --> 01:33:02,958
Cantas veces fixeches o mesmo por min?

1179
01:33:12,958 --> 01:33:17,166
Os nosos pantanos son esenciais
para protexer a cidade das tormentas.

1180
01:33:17,916 --> 01:33:19,041
A xente pregúntame:

1181
01:33:19,125 --> 01:33:25,125
"Canto tempo lle queda a Nova Orleáns?
Ata 2040? Ata 2050?"

1182
01:33:25,916 --> 01:33:28,458
E digo: "A pregunta non é esa."

1183
01:33:28,541 --> 01:33:31,666
A pregunta é: "Que facemos ó respecto?"

1184
01:33:32,833 --> 01:33:37,458
<i>É unha tolemia.</i>
<i>Sei que, se aínda estiveses vivo,</i>

1185
01:33:37,541 --> 01:33:42,166
<i>estariamos xuntos,</i>
<i>teriamos fillos e medrariamos xuntos.</i>

1186
01:33:43,458 --> 01:33:49,875
<i>É coma se existise unha vida paralela</i>
<i>que non cheguei a vivir,</i>

1187
01:33:49,958 --> 01:33:53,625
pero que podo imaxinar.

1188
01:34:11,750 --> 01:34:13,916
Que hai que facer para volver verte?

1189
01:34:15,000 --> 01:34:16,416
Esperar cinco ou dez anos?

1190
01:34:16,500 --> 01:34:19,583
Cruzarnos nun restaurante calquera
de Xangai?

1191
01:34:23,875 --> 01:34:26,333
Haberá que quedar por Acción de Grazas.

1192
01:34:51,000 --> 01:34:52,791
- Boa viaxe.
- Grazas.

1193
01:35:08,583 --> 01:35:13,500
TERMINAL 3
CHEGADAS

1194
01:35:13,583 --> 01:35:16,125
SEGURIDADE

1195
01:35:37,458 --> 01:35:42,708
Perdón. Desculpe. Con permiso.

1196
01:36:13,666 --> 01:36:16,125
Mira quen aparece despois de cen anos.

1197
01:36:20,875 --> 01:36:21,750
Síntoo moito.

1198
01:36:27,708 --> 01:36:28,541
Queres unha?

1199
01:36:41,125 --> 01:36:44,000
Podo preguntar que pasou cando marchei?

1200
01:36:46,666 --> 01:36:47,875
Que queres saber?

1201
01:36:51,666 --> 01:36:54,750
Queres saber o que custou
recuperar o seu corpo?

1202
01:36:56,541 --> 01:36:59,000
Eras a súa parente máis próxima
e desapareciches,

1203
01:36:59,083 --> 01:37:03,416
así que tivérono dúas semanas
nun camión frigorífico.

1204
01:37:09,041 --> 01:37:10,625
Logo organicei o funeral.

1205
01:37:12,666 --> 01:37:16,875
Non sabía que música lle gustaba.

1206
01:37:16,958 --> 01:37:20,750
Non sabía que música poñerlle ó meu fillo.

1207
01:37:22,333 --> 01:37:24,875
Pero ti saberíalo, non si?

1208
01:37:34,333 --> 01:37:35,791
Síntoo.

1209
01:37:37,666 --> 01:37:41,791
E sinto como…

1210
01:37:45,000 --> 01:37:47,833
me comportei aquela noite
diante do teu piso.

1211
01:37:49,166 --> 01:37:51,000
Foi horrible. Perdóame.

1212
01:37:59,958 --> 01:38:01,333
Algunha vez che caín ben?

1213
01:38:05,333 --> 01:38:06,625
Non…

1214
01:38:09,125 --> 01:38:10,875
Non quería collerche manía.

1215
01:38:12,833 --> 01:38:16,000
Ó principio parecía
que estabas moi incómoda

1216
01:38:16,083 --> 01:38:19,208
e logo quizais un pouco cómoda de máis.

1217
01:38:20,750 --> 01:38:24,333
E a voda, sinceramente,

1218
01:38:24,416 --> 01:38:25,833
desconcertoume moito.

1219
01:38:27,708 --> 01:38:32,875
A sorpresa que supuxo aquilo…
Sentinme, non sei, un pouco rexeitada.

1220
01:38:36,583 --> 01:38:39,875
Eu caíache ben? Esquéceo.

1221
01:38:43,958 --> 01:38:44,791
Eu queríate.

1222
01:38:55,500 --> 01:38:56,583
Santo ceo.

1223
01:39:03,500 --> 01:39:04,500
Estamos en paz.

1224
01:39:08,583 --> 01:39:11,833
O dó nunca desaparece. Nunca.

1225
01:39:14,708 --> 01:39:17,000
Pero o amor tampouco.

1226
01:39:19,458 --> 01:39:20,458
Si.

1227
01:39:22,250 --> 01:39:25,833
Son parva por… Eu inténtoo.

1228
01:39:25,916 --> 01:39:27,916
Como que…? Por que vas ser parva?

1229
01:39:28,791 --> 01:39:29,833
Sigue intentándoo.

1230
01:39:32,416 --> 01:39:33,916
Iso é bo.

1231
01:39:34,000 --> 01:39:37,791
Ós 60, ós 70 ou ós 80 anos

1232
01:39:39,541 --> 01:39:42,541
non sabes como verás a túa vida.

1233
01:39:42,625 --> 01:39:47,291
Se fixeches o correcto,
se tomaches as decisións axeitadas…

1234
01:39:48,083 --> 01:39:52,000
Por iso é tan importante
que esteas namorada da túa vida

1235
01:39:52,083 --> 01:39:55,500
pase o que pase,
sexa o que sexa que che traia.

1236
01:39:56,916 --> 01:39:58,750
Ou o que nos trouxo a nós.

1237
01:40:00,333 --> 01:40:02,208
Iso lles digo ós meus fillos.

1238
01:40:06,583 --> 01:40:10,750
Mira quen veu, Wilma:
a túa vella amiga, Maya.

1239
01:41:06,166 --> 01:41:07,166
<i>Fasme un favor?</i>

1240
01:41:08,083 --> 01:41:09,708
Pecha os ollos un momento.

1241
01:41:10,916 --> 01:41:11,916
Por favor.

1242
01:41:13,208 --> 01:41:14,208
Confía en min.

1243
01:41:15,875 --> 01:41:17,208
Ben.

1244
01:41:17,291 --> 01:41:20,666
Vale, escoita os garfos bater nos pratos.

1245
01:41:21,916 --> 01:41:24,416
O xeo crebar no meu vaso.

1246
01:41:25,958 --> 01:41:27,250
O tráfico da rúa.

1247
01:41:30,708 --> 01:41:31,541
A gargallada.

1248
01:41:31,958 --> 01:41:34,583
Agora pensa en todos os sons
que pasan desapercibidos.

1249
01:41:34,666 --> 01:41:36,791
O zunzún dos neons na fiestra.

1250
01:41:37,541 --> 01:41:39,666
A partida de billar ó fondo do bar.

1251
01:41:40,916 --> 01:41:42,625
Son capas de información sonora

1252
01:41:42,708 --> 01:41:44,625
que crean o ambiente no que estás.

1253
01:41:44,708 --> 01:41:48,958
Ese ambiente provócache unha sensación,
consciente ou inconscientemente,

1254
01:41:49,041 --> 01:41:51,000
e iso afecta ó sistema nervioso.

1255
01:41:52,166 --> 01:41:54,333
Pero diso xa sabes moito, así que…

1256
01:41:57,000 --> 01:41:58,250
Si, sei.

1257
01:42:08,125 --> 01:42:12,416
E que pasará cando se desgaste
todo o po de óxido de ferro?

1258
01:42:12,500 --> 01:42:14,625
As notas seguirán aí,

1259
01:42:14,708 --> 01:42:18,000
pero os ecos serán
cada vez máis curtos e, ó final…

1260
01:42:20,416 --> 01:42:21,750
só quedará ruído branco.

1261
01:44:02,416 --> 01:44:09,375
O AMOR DA TÚA VIDA

1262
01:49:07,500 --> 01:49:09,500
Subtítulos: Estefanía Prol Lusquiños

1263
01:49:09,583 --> 01:49:11,583
Supervisora creativa: Paula Maneiro



